Educar na paz (Programa nº 666 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Celebramos o Día da Paz. Acadar un mundo xusto e en paz é obriga das sociedades avanzadas. E conséguese con educación dende os primeiros anos e dende a casa, dende a familia. Anxo Moure, ecoloxista e pacifista activo, danos hoxe no programa a súa visión sobre como avanzar no tema da educación para paz. “Educar na paz”.

Educar na Paz (Preescolar na Casa)

Educar na Paz (Preescolar na Casa)

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Foron nove meses de espera dentro da barriga de mamá. A mamá e o papá están moi contentos aínda que cansados. O neno maior tamén está contento: un irmán! Pero os traballos multiplícanse por dous: que toca dar o peito, que toca ler un conto, que toca facer a comida, que agora cambiar cueiros, …, todas as horas do día están dedicadas a iso. A mamá e o papá precisan axuda e unha boa organización. Están un pouco agobiados, polo que ás veces o seu humor non é o mellor do mundo.O pequeno quere comer, quere durmir e quere que o collan. O maior o mesmo, pero aínda máis, xa que a pantasma dos celos tamén fixo a súa entrada neste escenario familiar. Días de moito traballo e pouco sono, pero días cheos de ledicia e de sorrisos. Así é a vida cun máis na familia. “Un máis na familia”.

A AVENTURA DE CRECER

Poñemos imaxes a esta fermosa cantiga de Bob Dylan, canción moi axeitada para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia. “A resposta está no vento”.

XOGAR E BRINCAR

O xogo é un elemento educativo de primeira magnitude. Xogar é unha actividade, ademais de pracenteira, necesaria para o desenvolvemento intelectual e afectivo do neno. Porque o xogo favorece a maduración e o pensamento creativo. Entre os 2 e os 6 anos aparece o chamado xogo simbólico. A partir de escenas vividas, o neno engade elementos propios. Chega a etapa de xogar a mamás e papás, a médicos ou a carniceiros. Isto permítelle ó neno entrar e saír de personaxes e roles diferentes, reinterpretar escenas, e  experimentar situacións novas. Nenos e nenas imaxinan ser outras persoas, imitando situacións que ven na vida real. “Falamos de xogo simbólico”.

LIÑA DIRECTA

Juan Antonio Pinto Antón fai unha reflexión en voz alta sobre os escenarios onde os nenos e nenas medran e aprenden: a casa, a rúa, a praza, …, escenarios que quen os deseña ten que ter en conta aos máis pequenos. “Arquitecturas da infancia”.

CONTRAPORTADA

A desigualdade social, económica e xurídica da muller é un dato case universal ó longo da historia. Vivimos nun recuncho privilexiado do mapa, pero unha ollada a nivel mundial mostra cores máis escuras. O 70% dos pobres do planeta, o 80% dos refuxiados do mundo, o 65% dos analfabetos son… mulleres. Aínda que somos fisioloxicamente diferentes, eticamente somos iguais. “Os rostros da desigualdade”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 666

TÍTULO: Educar na paz

DATA DE EMISIÓN: 29 de xaneiro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag