Dislexia (Programa nº 665 na TVG)

Podes ver o programa aquí. A dislexia é un trastorno da aprendizaxe que afecta á principal ferramenta de acceso ao coñecemento: a lectura. Estímase que en España, a porcentaxe de persoas que a padecen chega ao 5%. Hoxe estará connosco no programa Carmela Díaz, presidenta de AGADIX, a Asociación Galega de Dislexia para falarnos deste trastorno e das solucións do mesmo, solucións que pasan por un diagnóstico temperá e por un papel positivo da familia e dos profesionais implicados. “Dislexia”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Daniela está a piques de nacer. o seu pai e a súa nai están preparando a súa chegada con moita ilusión e felicidade pero tamén con moito medo e moitas dúbidas. Afrontar o embarazo de xeito positivo é importante para o benestar dos pais e do futuro bebé. “Agardando a Daniela”.

A AVENTURA DE CRECER

Anxo Moure, contacontos, está hoxe connosco para contar aos máis pequenos unha historia que combina ecoloxismo con solidariedade. Os contos non deben faltar nunca na vida dos nenos e nenas . “O paxaro pallaso”.

XOGAR E BRINCAR

Un encerado é un excelente recurso para as aprendizaxes. Trátase dunha superficie vernizada que se usa para escribir nela con xiz. Agora, ata os hai electrónicos. No encerado, o neno pode traballar máis libremente ca noutro espazo máis pequeno, permítelle outra perspectiva diferente á do papel. No encerado, o neno non precisa uns trazos tan finos como cando emprega outros materiais como o lapis. E trátase dun xoguete moi divertido que poderemos aproveitar durante moitos anos. Construiremos un no programa de hoxe. “Facemos un encerado”.

LIÑA DIRECTA

Beni Martínez é matrona do SERGAS, e está hoxe connosco para contestar a unha pregunta que preocupa ás nais que están dando peito: que facer ante a sospeita de que ao bebé non lle chega o leite ou perde peso?.

CONTRAPORTADA

Todos e todas somos diferentes. E esa diferencia é a que nos converte a todos, homes e mulleres en iguais. Eduquemos en igualdade dende antes de nacer. “Igualmente diferentes”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 665

TÍTULO: Dislexia

DATA DE EMISIÓN: 22 de xaneiro de 2011

2 Responses to “Dislexia (Programa nº 665 na TVG)”

  • Cristina:

    Son Cristina, e actualmente estudio Pedagoxía na Universidade de Barcelona, a verdade e que non conocía que a TVG fixera este programa destinado a educación. Pareceme un iniciativa moi adecuada e útil tanto pos pais o futuros pais, e pos propios educadores.
    A educación e índispensable nas nosas vidas, pero por o contrario e un dos temas mais olvidados, por iso programas como este axudaran a que a xente valore a educación.
    Felicidades por o programa e a páxina web.

    • joseramon:

      Moitas grazas polo teu comentario, Cristina, as túas palabras dannos ánimos. Estamos firmemente convencidos do que ti dis, de que ” a educación é indispensable nas nosas vidas”, e nese sentido traballa a Fundación Preescolar na Casa.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag