A música e os nenos (Programa nº 664 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Falamos da importancia da música e como a mesma nos fai mellores persoas. Para isto estará hoxe no programa Gloria Mosquera, mestra e membro do grupo Mamá Cabra, que acaba de sacar novo disco, “Ola, Ola, lá”. Porque a música non pode faltar no desenvolvemento dos máis pequenos.

Parentalidade positiva (Preescolar na Casa)

Parentalidade positiva (Preescolar na Casa)

Falaremos tamén de parentalidade positiva, un concepto moi de actualidade: pais e nais positivos son aqueles que atenden, potencian, guían e recoñecen aos seus fillos como persoas de plenodereito.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Todos queremos ser os mellores pais, as mellores nais para os fillos. Esa experiencia é gratificante e tamén de moita tensión. Por iso demandan axuda para tomar as decisións máis acertadas. Educar un fillo, unha filla é crear as condicións para que se desenvolva plenamente. É unha gran responsabilidade non só para os pais, senón tamén para a sociedade enteira. É aquí onde aparece o concepto de parentalidade positiva. As institucións públicas teñen a obriga de crear estruturas e servizos que lles permitan a pais e nais aprender habilidades parentais cos fillos. Só así se pode conseguir un cambio necesario e positivo da parentalidade na sociedade. O Consello de Europa, recoñecendo a existencia de formas diferentes de educar os fillos, elaborou uns principios xerais da parentalidade positiva. Tamén propuxo directrices sobre como os responsables políticos poden apoiala. “Parentalidade positiva”.

A AVENTURA DE CRECER

Masaxear aos fillos é unha experiencia inesquecible para eles e para nais e pais. Hoxe temos o exemplo con Antía. “Masaxeando a Antía”.

XOGAR E BRINCAR

Hai nais e pais moi preocupados por encher de actividades o tempo dos nenos. Copando todas as súas horas libres, mesmo fins de semana e festivos, podemos caer no erro de estarlles roubando a infancia. Por que non deixamos ós nenos a seren nenos? Aprenden xogando. E aprenden sempre máis aló dos intentos dos pais de amortizar o tempo de ocio dos fillos. Cando xogan individualmente ou en grupo desenvolven capacidades cognitivas e psicomotrices, exercitan a creatividade e aprenden a socializarse co contorno. “Nenos xogando a ser nenos”.

LIÑA DIRECTA

Vanesa Gómez, orientadora da Fundación Preescolar na Casa achéganos á figura do pedagogo e escritor italiano Francesco Tonucci, un referente da educación europea, coñecido polas súas reflexións e por traballar o concepto de “Cidades para os nenos”.

CONTRAPORTADA

O sexismo designa actitudes que introducen desigualdade e xerarquización no trato que reciben as persoas sobre a base da súa diferenciación sexual. O sexismo ten consecuencias negativas para homes e mulleres. Limita as posibilidades como persoas e nega determinados comportamentos. “Sexismo, educación e coeducación.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 664

TÍTULO: A música e os nenos, “Ola, ola, lá!”

DATA DE EMISIÓN: 15 de xaneiro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag