Colaboración entre a Asociación de “Axuda ao Enfermo Mental A Mariña” e a Fundación Preescolar na Casa

Con motivo de achegar información ás familias sobre a saúde mental dos nenos, e de dar a coñecer a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, nace a colaboración entre a devandita Asociación e o programa Preescolar na Casa, en forma de sesións informativas ás familias participantes nos Espazos das Familias da Fundación Preescolar na Casa.

Estas sesións informativas constan de dous bloques: no primeiro fálase de termos relacionados coas enfermidades mentais, as súas causas e que comportamentos podemos observar nos nenos que nos alerten de que, cando menos, algo non está ben ou que pode ser o indicio dun trastornoque afecte a súa mente. No segundo bloque fálase do traballo que se realiza dende a Asociación (programas e actividades que se desenvolven, ámbito de actuación, misión, visión, valores, …)

A primeira sesión informativa tivo lugar co Espazo das Familias de Preescolar na Casa e a comunidade educativa de San Miguel de Reinante (Barreiros). Hai que destacar o bo ambiente en que se desenvolveu e a boa acollida, xa que foi valorada polos participantes como unha actividade de gran interese que lles achegou información de utilidade.

Nos vindeiros trimestres estas sesións terán lugar cos Espazos das Familias de Ribadeo, Foz, Ferreira de Valadouro e Alfoz.

One Response to “Colaboración entre a Asociación de “Axuda ao Enfermo Mental A Mariña” e a Fundación Preescolar na Casa”

  • Rachel:

    E para os interesados en saber como afecta a os nenos convivir cun enfermo mental problemático?.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag