20 anos na Televisión de Galicia (Programa nº 661 na TVG)

20 anos de Preescolar na Casa na TVG

20 anos de Preescolar na Casa na TVG (Preescolar na Casa)

Podes ver o programa aquí. Neste ano que está a piques de rematar, este programa de televisión ven de cumprir 20 anos de emisión na Televisión de Galicia. Dende 1990, a Fundación Preescolar na Casa, conxuntamente coa Televisión de Galicia, realiza este programa que están vostedes a ver. Son xa máis de 650 programas que fan de Preescolar na Casa un dos programas educativos máis veteranos nas grellas televisivas de todo o mundo. Nestes 20 anos pretendemos ofrecer, á sociedade en xeral e á familia en particular, elementos para a acción educativa. Tratamos de axudar aos pais na difícil tarefa de educar aos fillos. Tratamos de difundir unha cultura da infancia. Hoxe están connosco Manuel González Seoane e Benxa Salgado, dúas das persoas que impulsarán este proxecto naquel anos de 1990 para contarnos as súas impresións. “20 anos na TVG”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Damos un repaso pola historia deste programa. Recuperamos imaxes destes 20 anos na Televisión de Galicia. Miramos ao pasado para coller impulso de cara ao futuro. “20 anos de Preescolar na Casa na Televisión de Galicia”.

XOGAR E BRINCAR

Neste programa sempre dixemos que o xogo era imprescindible na vida dos máis pequenos. Estamos convencidos, como din importantes pedagogos e estudosos da infancia que “os xogos dos nenos e nenas deberían considerarse como os seus actos máis serios”. Se queremos coñecer aos nenos será necesario comprender os seus xogos. Nos xogos descubrimos novas adquisicións evolutivas, inquedanzas, medos, necesidades e desexos. En Preescolar na Casa sempre o tivemos claro. Empezabamos no programa número 1, en 1990. 20 anos xogando. “20 anos xogando”.

LIÑA DIRECTA

José Ramón Gallego Fernández, director do programa de TV de Preescolar na Casa valora a importancia de programas de corte educativo coma este, tan pouco habituais nas televisións, e de que cadeas como a Televisión de Galicia, a Galega, aposten polos mesmos.

CONTRAPORTADA

20 anos de televisión educativa da Televisión de Galicia. 20 anos a carón das nenas e dos nenos. 20 anos poñéndolles rostro masculino e feminino, e  voces femininas e masculinas aos protagonistas da educación infantil familiar. 20 anos facendo visible a metade feminina da nosa sociedade. 20 anos a carón de todas, ao lado de todos. 20 anos apostando pola igualdade, aquí, na Galega. “20 anos apostando pola igualdade”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 661

TÍTULO: 20 anos na Televisión de Galicia

DATA DE EMISIÓN: 11 de decembro de 2010

One Response to “20 anos na Televisión de Galicia (Programa nº 661 na TVG)”

  • Viqui Dopazo:

    Encantoume o programa! Foi emocionante lembrar tantos anos de bo facer. Síntome orgullosa de ter formado parte dun proxecto tan maravilloso.
    Saúdos e Noraboa!

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag