Educar no mundo dixital (Programa nº 660 na TVG)

Educando no mundo dixital (Preescolar na Casa)

Educando no mundo dixital (Preescolar na Casa)

Podes ver o programa aquí. Na sociedade na que vivimos, a educación no mundo dixital semella algo imprescindible. Ángeles Abelleira, mestra, estará hoxe connosco para abordar este tema, para falar sobre como introducir aos máis pequenos nas novas tecnoloxías sen caer no abuso das mesmas. “Educar no mundo dixital”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

A nena necesita moverse. O neno precisa do movemento. A experimentación co propio corpo axúdalle a descubrir, a madurar, a aprender, a crecer e a emocionarse. Pero tamén os adultos que acompañan ós nenos, as nais e os pais que lles permiten moverse, poden descubrir, madurar e aprender, emocionarse e crecer cos fillos. O neno móvese, a nena móvese. E cando se moven cambian, experimentan, emociónanse, descobren mundos novos, arríscanse polo contorno, avanzan cara os outros e cara a si mesmo, coñécense. En definitiva medran e crecen, porque non estamos a falar tan só de movemento físico. A través do movemento corporal, nenas e nenos tamén se moven internamente. Madura o corpo, madura o cerebro. “Cando o corpo se move”.

A AVENTURA DE CRECER

Un conto ben coñecido que gusta a pequenos e grandes. Porque os contos ábrennos as portas da imaxinación de par en par. “O conto da ratiña presumida”.

XOGAR E BRINCAR

A música ten que estar presente na vida das persoas, especialmente, na vida dos nenos. Porque a música axúdanos a ser mellores, e serve de base para outras moitas aprendizaxes. Así que, como pais, debemos introducir aos máis pequenos no universo sonoro. Hoxe achegámonos ata un xardín moi especial: o xardín musical. Aquí todo produce música e sons. Lembrade que os máis pequenos estarán en mellores condicións para acceder ó mundo da música se medran nun contorno rico en estímulos. Dentro das nosas labores como pais está o proporcionarllo. “Xogos musicais”.

LIÑA DIRECTA

Patricia Vázquez del Río é xinecóloga e hoxe no programa cóntanos cales son os cambios que se van producindo no feto durante o embarazo.

CONTRAPORTADA

Todos somos persoas de sexo feminino e masculino, con iguais dereitos, con idénticos deberes. Todas e todos temos dúas mans para cociñar, para pasar o ferro, para lavar os pratos, para limpar a casa. Todos e todas temos dúas mans para acariñar, para vestir a nena, para dar o biberón e limpar o cu ao bebé. Todas e todos temos dous ollos para rir e para chorar. Somos homes e mulleres,  rapaces e rapazas, nenos e nenas coas mesmas posibilidades, merecentes das mesmas oportunidades. “Rompendo estereotipos”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 660

TÍTULO: Educar no mundo dixital

DATA DE EMISIÓN: 4 de decembro de 2010

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag