Preescolar na Casa e a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Esta web está sostida cos fondos da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fins primordiais defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos, así como un compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa. (Ver Misión, Visión e Valores da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy)

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy mercou o 21 de marzo no Xulgado do Mercantil  bens da extinta Fundación Preescolar na Casa, entre os que se encontra a propia marca “Preescolar na Casa”. (Ver nova)

Os membros da Asociación, formada maioritariamente por antigos traballadores de Preescolar na Casa abordamos este feito porque nacemos co fin primordial de preservar e difundir o legado inmaterial do pensamento e as accións promovidas por Antonio Gandoy, “o crego da bicicleta”, principalmente as vinculadas ao programa Preescolar na Casa.

Porque tantos anos de estudio e traballo educativo a prol da infancia galega ben merecen ser postos en valor, ben merecen ser ensinados, estudados e perpetuados a través de novas actuacións dirixidas á infancia temperá e as súas familias.

A Asociación ten o nome de Antonio Gandoy por ser esta persoa un referente de todos os que formamos a mesma, e considerar a este home bo e xeneroso un exemplo a seguir nos ámbitos educativo, social, e, porque non dicilo, tamén persoal. Un home que marcou fondamente a todos os que o coñecimos.

Si queredes saber máis da nosa Asociación, ou de Preescolar na Casa, podedes poñervos en contacto connosco picando aquí.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag