Euros e rapaces no lixo

Deixamos un artigo publicado no diario El Progreso onde se cita a Preescolar na Casa:

Chegou cun pan baixo o brazo no mellor hospital para nacer: o Hula de Lugo. Na despedida do persoal especializado que lles atendeu, non se preocupan polo que costou chegar a este mundo. A eles nada, excepto os bombóns. Ao Estado, miles de euros.

O tempo voa e o neno xa ten dous anos. Foi moitas veces ao pediatra, cun amplo programa de vacinas e ata visitou a Uci por algo que non foi nada. A custe cero.

Agora está nunha Galiña Azul, aínda que non poderá contar co benemérito programa de parentalidade positiva, Preescolar na Casa, que irresponsables políticos borraron do mapa galego. Con tres anos entrará no colexio. Nove cursos nunha custosísima infraestrutura e mestres especializados. Comedor subvencionado. E sen pagar un euro, excepto o malgasto en libros que cada curso cambian innecesariamente.

Entrará na Eso. Se hai sorte, pasará polo bacharelato, gratis total. E como o rapaz vale, matricularase na universidade pública se daquela queda algo público. Catro, cinco anos despois, a familia emocionada asistirá á graduación do novo licenciado. Taxas, pensión, libros, comida foi un duro sacrificio para a familia que só pagou parte do custo real da universidade. O Estado paga o resto. Cada título universitario custa uns cen mil euros, aos que haberá que sumar os moitos gastados nos vinte anos do neno. E si, aí está a súa foto sorrinte ao lado doutras 80 na orla do salón.

A trunfal e despreocupada andaina rematou. Por diante, un ermo onde non hai nada. Porque máis do 50% da mocidade ten como horizonte o paro. Xente moi cualificada sen nada que facer cun custo social, económico e psicolóxico enorme.

Así que o noso neno e outros miles máis marchan cada ano a producir valor engadido fóra, malgastando xigantescas inversións. Vanse na idade propicia para iniciar proxectos vitais que impedirán o retorno. Sentados a carón da maleta pensan que o mellor expediente na carreira non lles serve de nada: só abre as portas do paro ou contratos de prácticas, minijobs que nada teñen que ver co que estudaron. É a traxedia de rapaces sobresaíntes. E frustrados, cun infinito rancor pola ineptitude dos gobernos. Séntense inútiles, sen esperanzas de devolver aquí as inversións que lles coidaron desde o paritorio ata a titulación.

Son novos, cunha cualificación atrofiada por falta de uso. O activo máis valioso da sociedade, o talento da xente nova, bótase a perder. O goberno ignora a crueldade que infrinxe a estes rapaces que emigran, mentres chega xente cunha baixa cualificación.

Este país despreza aos mellores. Un goberno e unha oposición incapaces de chegar a acordos para sacar adiante ao país en emerxencia social, dedican un infinito entusiasmo a botar, con cada rapaz que escapa, moitísimos euros no lixo.

Juan Antonio Pinto Antón

(Podes ver o artigo en El Progreso picando aquí)

One Response to “Euros e rapaces no lixo”

  • Manuel:

    Hola, me llamo Manuel Martinez. Marisol me conoce. Trabajé con ella en PnC en RNE, junto con Manolo Antelo (el Sr, Cosme), Tuto Vazquez…yo contaba algunos cuentos y montaba los programas de los fines de semana. Ahora vivo en Pamplona, estoy prejubilado. Y que casualidad que hace dos días me enteré de lo de Tuto…y ahora, esto…

    Espero que Marisol, aun me recuerde de los buenos tiempos de RNE en A Coruña, el “amiguiños todos…”, y lo bien que unos cuantos gallegos me integraron en un proyecto fantástico…

    Buena suerte…de vez en cuando hay milagros…

    Un biquiño especial para Marisol.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag