Consumo (Programa nº 707 na TVG)



Falamos con Mª Nava Castro, Presidenta do Instituto Galego de Consumo, organismo co que a Fundación Preescolar na Casa ven de asinar un convenio de colaboración, para a realización de actividades relacionadas coa formación para o consumo responsable na educación infantil. A función principal do IGC é a protección dos consumidores e consumidoras galegos, polo que todas as actividades que realiza están relacionadas coa defensa dos seus dereitos e intereses, recoñecidos na lexislación tanto estatal como autonómica. O Instituto Galego de Consumo e a Fundación Preescolar na Casa desenvolverán accións concretas para a información e a formación en materia de educación para o consumo responsable, de xeito que se contribúa á mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás. Consumo.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Os máis pequenos mostran o seu enxeño e as súas capacidades de moitas maneiras. Estas capacidades parece que van mudando. Un estudo recente, baseado en enquisas a nais de 10 países diferentes mostran que o 19% dos nenos e nenas de 2 a 5 años é capaz de xogar a aplicacións sinxelas de teléfonos intelixentes, mentres que tan só o 9% sabe atar os cordóns dos zapatos. O 58% dos nenos nesta franxa de idade son capaces de empregar un ordenador para xogar, pero só un 43 % sabe montar en bicicleta. Estes son dous exemplos do estudo. Novos coñecementos.

A AVENTURA DE CRECER
Cantar e arrolar son dúas actividades que non poden faltar á hora de estar cos máis pequenos. Da man de Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel, propoñemos un momento para a poesía, o canto e os instrumentos. O arrolo das palabras.

XOGAR E BRINCAR
Os xogos populares responden ás necesidades de pequenos e grandes. Hai xogos axeitados para cada época do ano, para as diferentes idades, xogos que aproveitan o contorno de xeito inmellorable. Hoxe temos connosco a Mario Saavedra, da Asociación de Xogos Populares O Cadaval, para presentarnos o xogo do chanto e o xogo da panolla. Xogos populares en Castro de Rei.

LIÑA DIRECTA
¿Qué facer para que a cidade sexa un escenario onde poidan medrar os nenos? Esta é a pregunta que formulamos a Francesco Tonucci, de profesión nenólogo. Este pedagogo italiano está na vangarda da creación de cidades máis vivibles e humanas deseñadas desde a óptica dos máis pequenos.

CONTRAPORTADA
Nesta semana das Letras Galegas non podiamos esquecernos no noso programa da figura polifacética de Paz Andrade, un dos grandes piares culturais do galeguismo ao que se lle dedica este ano. Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 707
TÍTULO: Consumo
DATA DE EMISIÓN: 19 de Maio de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag