Hiperactividade e déficit de atención (Programa nº 705 na TVG)



Hoxe falaremos de hiperactividade e déficit de atención con Manuel Armas, especialista en trastornos de conduta do equipo de orientación específica de A Coruña. A incidencia deste trastorno aumentou asombrosamente nas últimas décadas entre a poboación infantil dos países occidentais. Vivimos nun estado de aceleración permanente nunha sociedade na que esiximos moito aos fillos, sen respectar os seus tempos e os seus ritmos. Hiperactividade e déficit de atención.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Moitas veces fálase por un lado, dos coidados básicos aos nenos e nenas e da calidade dos mesmos, e por outro, de educación. Pero facer esta distinción é un erro. As actividades que comportan estes coidados poden e deben ter en si mesmas, moita forza educativa. E contribuír a desenvolver capacidades sensoriais, de movemento, de coñecemento, de establecemento de afectos e de relacións interpersoais positivas. Porque mentres proporcionamos calquera dos coidados básicos, estamos a estimular os sentidos do neno. Educación e coidados básicos.

A AVENTURA DE CRECER

As primeiras experiencias musicais do bebé precisan dun adulto disposto a divertirse. Xuntos entramos no mundo das emocións e da linguaxe xestual. A música favorece o desenvolvemento integral dos bebés. A voz, a percusión e o baile: tres linguaxes que chegan a nós a través dos sentidos. Nos brazos de mamá e papá atopamos seguridade e potenciamos o vínculo afectivo. Música tradicional para os bebés.

XOGAR E BRINCAR

A pintura, o debuxo, e por suposto, a escritura, son formas de comunicación verdadeiramente importantes. Porque os debuxos falan dos seus creadores. Falan da maneira de ver o mundo de quen o creou. Son maneiras de expresar a creatividade, esa capacidade tan necesaria para vivir neste mundo tan cambiante que nos tocou. Aos pais tócanos o papel de fomentar a creatividade nos máis pequenos, e témolo moi doado se o facemos a través da pintura. A casa do pintor.

CONTRAPORTADA

Garantir unha vida mellor para todos os veciños e viaxeiros do planeta non é conxugable coa carreira de acumulación de bens e produtos na que estamos inmersos os países occidentais. NON a un Planeta consumido, e SI a unha Terra para todos.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 705

TÍTULO: Hiperactividade e déficit de atención

DATA DE EMISIÓN: 5 de Maio de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag