Saúde bucodental (Programa nº 704 na TVG)



Na entrevista de hoxe falaremos de saúde bucodental con María Noel Toledo, odontóloga infantil, ilustradora, escultora e creativa. Falando de como coidar a boca e os dentes dos noso fillos e fillas, María tamén nos presenta o seu traballo “Ramiro e a marabillosa Molly”, un conto sobre o que acontece na boca dun rapaz chamado Ramiro. Saúde bucodental.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

O prestixioso pedagogo italiano Francesco Tonucci ven loitando dende hai moitos anos por acadar cidades habitables e humanas onde nenos e nenas sexan considerados cidadáns de plenos dereitos e onde poidan desenvolver con liberdade as actividades propias da infancia. A cidade é o lugar onde viven os cidadáns e as cidadás, unha creación das mulleres e dos homes, no que ten que ser doado e posible vivir xuntos e con dignidade. Un dos escenarios onde se desenvolva a vida dos nenos e nenas e que os adultos temos que procurar que sexa o máis axeitado posible para eles. A súa presenza na rúa é o mellor síntoma da saúde dunha cidade. Unha cidade para os nenos.

A AVENTURA DE CRECER

Durante o segundo ano de vida, o neno pasa moitas horas sentado no chan. A alfombra é un dos mellores escenarios para os xogos. Por iso será moi importante que se sente dun xeito correcto, para evitar futuros problemas de ósos e posturas desaconselladas. Corrixir vicios posturais é moi importante, xa que en moitos casos, as malas posturas son as causas de danos na columna vertebral. Sentarse ben.

XOGAR E BRINCAR

Hoxe desprazámonos ata a Escola Galega de Consumo para que Patricia, unha das monitoras, ensine a nenos e adultos a importancia de cada alimento. Farao da mellor das maneiras posibles: a través do xogo. A pirámide dos alimentos.

LIÑA DIRECTA

A psiquiatra e profesora da USC, Ángela Torres, da resposta a unha pregunta que preocupa a moitas nais e pais: poden os nenos e nenas ter problemas mentais nas primeiras idades?

CONTRAPORTADA

Nenos e nenas deben gozar de ambientes saudables, e un deses ambientes é o sonoro. Coidemos que os máis pequenos teñan un ambiente sonoro libre de ruídos. Celebramos que o 27 de abril é o Día Internacional contra o ruído.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 704

TÍTULO: Saúde bucodental

DATA DE EMISIÓN: 28 de abril de 2012

3 Responses to “Saúde bucodental (Programa nº 704 na TVG)”

  • Tamara(educadora infantil):

    Como conseguir un libro de “Ramilo e a marabillosa Molly”

  • Inma:

    Gustaríame conseguir o libro “Ramilo e a marabillosa Molly”

  • Raquel:

    Hola me encanto ver que existe una manera divertida de entender la importancia de cuidar los dientes y de aprender el por que debemos hacerlo. Me gustaría obtener un ejemplar de ese libro de María Noel(“Ramiro e a maravillosa Molly”)

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag