Arte e creatividade (Programa nº 703 na TVG)



María Noel Toledo é odontóloga infantil, pero quere que a presenten como ilustradora, escultora e creativa. O seu traballo de ilustradora do conto “Area fai 6” está nominado para os Premios Mestre Mateo. Por iso hoxe está connosco para falar de arte e creatividade. Falaremos de como inculcar nos máis pequenos o gusto pola creación, como fomentar neles a creatividade. Arte e creatividade.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

O individual e o social son dous momentos dun mesmo proceso, o de converterse en persoas. O que somos vén determinado por onde vivimos e pola xente que vive con nós. Coa socialización asimilamos elementos da sociedade e da cultura. Tamén intervimos nela. E isto ocorre desde os primeiros anos. Cada neno é atendido cunhas pautas culturais e de crianza concretas. E xa desde bebé ten certa capacidade para modificar o medio. No proceso de socialización cedemos parte da nosa liberdade a favor da comunidade. A cambio recibimos apoio e seguridade. Neste proceso intervén un conxunto de persoas e factores: son os axentes de socialización. O ser humano nace predisposto a converterse nun ser social. Primeiros pasos na socialización.

A AVENTURA DE CRECER

O movemento rítmico do bambeo faille estar máis tranquilo ao bebé. Cada neno ten o seu propio ritmo e iso hai que telo en conta para facer un bo acompañamento, aportar seguridade e ofrecer atención individualizada. Anainando no balancín.

XOGAR E BRINCAR

Levamos a música e os instrumentos tradicionais a un Espazo das Familias de Preescolar na Casa. Alí, nenos e adultos gozarán da música ao tempo que aprenden. Xogando coa música e a tradición.

LIÑA DIRECTA

O pediatra do Hospital de Burela e autor do libro “50 cosas que debes saber sobre el recién nacido” Manuel Silveira da resposta a seguinte cuestión: débese bañar a un neno tódolos días?

CONTRAPORTADA
Neste semana non podemos pasar por alto a celebración do Día Mundial do Libro. Porque os libros axúdannos a acadar liberdade. E temos que fomentar nos máis pequenos o gusto pola lectura. 23 de abril, Día do Libro.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 703
TÍTULO: Arte e creatividade
DATA DE EMISIÓN: 21 de abril de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag