Maternidade e Paternidade (Programa nº 698 na TVG)


Nuria Otero é pedagoga e psicopedagoga, e unha das fundadoras do Proxecto Materna, un proxecto creado para dar apoio a mulleres, nais e familias para a maternidade e a crianza libre e consciente. Tamén pertence a Asociación Criar con el Corazón. Nuria defende un modelo de crianza baseado no apego e na empatía cara os máis pequenos. Falamos con ela desto e da importancia de acompañar aos pais e nais na aventura marabillosa da maternidade e da paternidade. Maternidade e paternidade.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

A historia de cada un dos nenos e nenas é unha marcha continua cara á autonomía. E tamén para conquistar a independencia contra os propios límites e os que impón a pertenza a unha cultura. Os nenos medran en loita contra as propias limitacións no territorio onde os pais exercen a súa autoridade. Medran e crecen coas súas normas en círculos sociais cada vez máis amplos. Neste proceso adiántanse, ás veces, ás súas posibilidades reais e queren facer cousas para as que aínda non teñen capacidade. No afán por autoafirmarse e sentir que teñen identidade propia tentan diferenciarse dos adultos que lles rodean. De calquera xeito, o comezo da vida de calquera ser humano vén marcado pola dependencia dos adultos que viven ao lado. Construíndo a autonomía.

A AVENTURA DE CRECER

Poñemos imaxes a este fermosa cantiga de Amancio Prada baseada no coñecido poema de Rosalía. Campanas de Bastabales.

XOGAR E BRINCAR

Nenos e nenas están en continuo desenvolvemento. Día a día e hora tras hora aprenden a coñecer o mundo. E boa parte de culpa disto tena o xogo. Os xogos que presentamos sérvenlles aos fillos para tomar conciencia do propio corpo e das súas capacidades de movemento. Tamén servirán para desenvolver as súas posibilidades de coordinación e a para a aprendizaxe de conceptos importantísimos. Hoxe, imos xogar con cordas. Temos corda para rato.

LIÑA DIRECTA

Rosa Rivas, profesora de Intervención e Trastornos do Desenvolvemento da USC da resposta á seguinte cuestión: O noso fillo cecea, que podemos facer?

CONTRAPORTADA

A Semana Nacional de Protección do Consumidor é unha campaña que alenta exercer dereitos e a tomar decisións acertadas. Garantir unha vida mellor para tódolos veciños do planeta non é conxugable coa carreira de acumulación na que estamos inmersos os países occidentais. Semana do consumidor.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 698

TÍTULO: Proxecto Materna

DATA DE EMISIÓN: 10 de marzo de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag