Este sábado, a primeira xornada de Repensando a educación entre os 6 e os 12 anos

Este sábado 3 de marzo, no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (Avda, Ramón Ferreiro, s/n) terá lugar a primeira xornada de “Repensando a educación entre os 6 e 12 anos”, que continúa o ciclo de debate e reflexións Educando na infancia e na adolescencia, que se iniciou o curso pasado coas xornadas Unha mirada a primeira infancia, centradas no período 0-6.

A Fundación SM, Fundación Preescolar na Casa, Facultade de Formación de Profesorado de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela organizan estas Xornadas que este sábado teñen o seguinte programa:

10.00h: Recepción e entrega de documentación.

10.30h: Inauguración. Presentación das xornadas.

10.45h: Conferencia: Mirada á educación de 6 a 12 anos: retos a abordar. Elisa Cano, Pedagoga e Logopeda.

12.15h: Descanso.

12.45h: Panel de experiencia: Un modelo de educación que ten en conta as necesidades da infancia. CEIP El Martinet, Ripollet, Barcelona.

16.00h: Conferencia: Educación emocional: Begoña Ibarrola, Psicóloga, especialista en intelixencia emocional, autora de literatura infantil e xuvenil.

17.00-17.30h: Descanso.

17.30h: Panel de experiencias: Practicando as emocións:

- Vivir xuntos, convivir. Mª Teresa Sánchez Barreira. Orientadora, CEIP Rosalía de Castro. Lugo.

- Filosofía para nenos. Carmen Loureiro. Orientadora, IES Illa de Arousa. Pontevedra.

20.00h: Remate da xornada.

Os OBXECTIVOS da mesma son:

• Analizar a situación actual da educación referida a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

• Reflexionar sobre a persoa que queremos educar.

• Afondar nas dificultades que se presentan na educación 6-12 e nas súas posibles respostas.

• Sensibilizar cara á necesaria colaboración entre os diferentes axentes relacionados coa infancia.

• Coñecer experiencias de actuación concretas que respondan á diversidade da sociedade actual (inmigrantes, atención educativa específica, conflitividade e xestión das emocións,…).

One Response to “Este sábado, a primeira xornada de Repensando a educación entre os 6 e os 12 anos”

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag