A Fundación Preescolar na Casa, no Consello de Educación de Silleda

O pasado xoves foi constituído no Concello de Silleda o Consello de Educación, o primeiro en aprobarse dos previstos polo regulamento de participación cidadá deste concello.
Neste órgano colexiado de participación e información da xestión municipal no ámbito educativo estará un representante de cada un dos centros educativos, das Anpas e da Fundación a prol do ensino en Silleda. Así, integran este consello o CEIP de Silleda, o CEIP de A Bandeira, a escola infantil, o María Inmaculada, o IES Colmeiro, a Fundación Preescolar na Casa, a ANPA Pícaros de Silleda e a ANPA Brincadeira.
Entre as funcións que realizan os consellos sectoriais inclúense as de propoñer fórmulas para resolver os problemas relacionados co seu ámbito, e emitir e presentar informes. O responsable de Participación Cidadá do concello, Matías Rodríguez Da Torre, explica que un dos obxectivos fundamentais con estas iniciativas «é achegar o máximo posible a administración aos veciños e lograr que interactúen, algo que sen dúbida redundará no beneficio de todos».
Dende Preescolar na Casa felicitamos ao Concello de Silleda por esta iniciativa de participación e agradecemos fondamente que se nos invitara a participar na mesma.
(Ver nova en La Voz de Galicia)
(Ver nova en Faro de Vigo)

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag