Fomentar a lectura (Programa nº 696 na TVG)


No programa desta semana falaremos da importancia de fomentar a lectura nos máis pequenos. A lectura é un instrumento imprescindible para crear persoas libres e críticas, e isto débese fomentar xa nos primeiros anos e dende a familia. Estará connosco Elena Pernas, directora da Rede de Bibliotecas de A Coruña, para falar sobre o tema e para contar a morea de actividades que desenvolven. Fomentar a lectura.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Somos pais. Somos nais. Chegou a responsabilidade tan esperada e temida de criar e educar un fillo. Algo moi serio e moi gratificante. Os pais xogan un papel fundamental no desenvolvemento dos fillos, sobre todo nos primeiros anos, os máis decisivos. En educación non hai receitas máxicas, pero algúns ingredientes non poden faltar nunha dieta educativa equilibrada. Falaremos hoxe deses ingredientes básicos e necesarios. Propostas para educar.

A AVENTURA DE CRECER

O desenvolvemento harmónico e integral dos fillos ten que ser o gran obxectivo a acadar por parte dos pais. Integral quere dicir que abarque tódalas áreas vitais da persoa, dende a área emocional ata a física. Hoxe imos con ximnasia. Desenvolvemento físico xunto con desenvolvemento emocional. Movementos para medrar.

XOGAR E BRINCAR

As mans son partes do corpo que axudan a explorar o mundo. Son, xunto co cerebro, as ferramentas básicas da intelixencia do ser humano. A destreza manual vai aumentando pouco a pouco. E ao aumentar esta destreza, vai aumentando a intelixencia. Por iso, pais e nais, debemos estimular nos fillos a manipulación, proporcionándolles estímulos e actividades para dominar as mans. Así, temos moitas actividades para animar a facer aos máis pequenos. Para mellorar a súa habilidade manual. Actividades que temos que enfocar a modo de xogo. Actividades que aparecen na vida diaria. Aprendemos a través das mans.

LIÑA DIRECTA

Patricia Vázquez, xinecóloga, responde á seguinte cuestión: Que cambios físicos e psicolóxicos hai no embarazo?

CONTRAPORTADA

Crecen mellor, xuntos. Medran máis a carón doutros. Nenas e nenos aprenden máis xogando que estudando. Aprenden mellor facendo e mirando. Necesitan tempos e espazos propios. E a carón dos outros nenos. Nenos a carón dos nenos.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 696

TÍTULO: Fomentar a lectura

DATA DE EMISIÓN: 25 de febreiro de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag