Aproveitamento educativo da natureza (Programa nº 690 na TVG)


Comezamos un novo ano falando do aproveitamento educativo da natureza, nesta resaca consumista provocada polo Nadal, falamos do aproveitamento educativo da natureza, con Antón Cortizas, mestre, escritor e apaixonado buscador de e recuperador de brinquedos e de xogos de antes. Con teste xoguetes, os nenos potencian a creatividade e a imaxinación, coñecen a natureza e, en definitiva, desenvolven a súa intelixencia. Aproveitamento educativo da natureza.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

A longa viaxe de nove meses está piques de rematar. Outra vida está a medrar no ventre da muller. Pai e nai están a vivir xuntos a experiencia do embarazo. Libros e revistas, visitas ao xinecólogo, clases para o parto preparan física e psicoloxicamente á parella. Edúcanse xuntos para a experiencia de recibir ao bebé. Da man de expertos as futuras nais poden realizar unha serie de exercicios que van preparar o corpo para o momento de recibir ao bebé. Vemos hoxe algún deses exercicios. Preparación para o parto.

A AVENTURA DE CRECER
Poñemos imaxes a unha cantiga de Mamá Cabra na que se fala da vida saudable, da importancia de comer de todo e na que se incide en que isto debe ser o máis natural posible. Todo natural.

XOGAR E BRINCAR
Na casa de Carla teñen por bo costume artellar xoguetes con cousas que acabaría no lixo. Temos hoxe a Carla, que nos mostra algún destes xoguetes para animar a outros nais e pais a facer o que fan os seus. Son xoguetes que teñen un valor engadido que é o de pasar un tempo de calidade adulto-neno realmente irrepetible. Porque os máis pequenos conservarán na súa memoria ese tempo no que os seus pais, as súas nais, pasaban gozando xuntos, un tempo de atención exclusiva. As cousas de Carla.

LIÑA DIRECTA
Participantes dos Espazos das Familias que desenvolve a Fundación Preescolar na Casa contan o que supón para eles a participación nestes espazos de xuntanza e aprendizaxe.

CONTRAPORTADA
Nesta sociedade da globalización e de internet, de redes sociais, …, cómpre recordar o importante que son para a vida as relacións humanas. Porque relacionámonos menos ca nunca. O sentimento de soidade está moi presente na nosa sociedade. Non debemos esquecelo os que temos nenos e nenas ao noso coidado. Axudémolos a relacionarse cos demais. Facilitemos que se xunten coa xente. Deste xeito, axudámolos a medrar. 14 de xaneiro, Día Mundial das Relacións Humanas.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 690
TÍTULO: Aproveitamento educativo da natureza
DATA DE EMISIÓN: 14 de xaneiro de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag