Dálle a volta (Programa nº 689 na TVG)


Nestas datas tan especiais e neste momento de crise que estamos a vivir, cómpre repensar o consumo. “Dálle a volta” é un proxecto de Ángeles Abelleira e da Editorial Galaxia para a Escola Galega de Consumo, que establece un marco teórico e referencial de como levar a cabo os obxectivos de educación para o consumo, ofrecendo orientacións e exemplos de como traballar o consumo responsable, comezando na educación infantil. Falamos hoxe coa súa autora, Ángeles Abelleira. Dálle a volta.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Falamos dun ambiente seguro, coidado e estimulante, onde nenos e nenas constrúan a súa autonomía ao tempo que desenvolven unha personalidade equilibrada e feliz. Un ambiente harmonioso e cálido é o escenario ideal para que os nenos desenvolvan unha personalidade sa. Trátase de respectar ao neno como é, no que precisa e demanda. Un ambiente rico e cheo de estímulos, nun espazo seguro e agradable, posibilita a experimentación. Hai que crear ambientes de vida. Os nenos precisan tempo para falar, xogar e medrar. O ambiente está feito de espazos, contactos e palabras. Está entretecido de risas e ruídos e da satisfacción das necesidades de nenas e nenos. O ambiente no que viven os nenos.

A AVENTURA DE CRECER

Podemos aproveitar estas datas nas que temos algo máis de tempo para ler e contarlles contos aos fillos. Os contos abren as portas da fantasía e da imaxinación, e non poden ser substituídos por pantallas. A que sabe a lúa?.

XOGAR E BRINCAR

O mundo vai ás présas e os xoguetes camiñan amodo. Semellan responder a valores cada día menos reais. Algúns exemplos: moitas mulleres traballan fóra. Hai homes que cambian os cueiros e lle dan de comer ao bebé. Hai familias que non responden ao modelo de papá e mamá con neno e a nena. Pero o certo é que medios de comunicación, contos que lles lemos ós nenos e publicidade infantil seguen reflectindo con imaxes modernas valores caducos. Os nenos asumen os papeis que ven nas casas, nas pantallas ou nas rúas. Por iso é importante ofrecerlles modelos de relación entre os xéneros. Os xoguetes poden ser usados polos dous sexos. Xoguetes para a igualdade.

LIÑA DIRECTA

As présas, o estrés, o exceso de estímulos, cousas moi características da nosa sociedade, poden favorecer a aparición de enfermidades mentais? Ángela Torres, psiquiatra e profesora da USC, responde a isto.

CONTRAPORTADA

Hoxe é Noiteboa para todas as nenas e nenos do mundo, para todos os homes e mulleres, … pero cómpre recordar a quen máis o necesita. Noiteboa para todos e todas.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 689

TÍTULO: Dálle a volta

DATA DE EMISIÓN: 24 de decembro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag