O tempo dos nenos (Programa nº 684 na TVG)


No programa desta semana na Televisión de Galicia, Juan Antonio Pinto Antón estará hoxe connosco para falar do tempo dos nenos. O tempo dos nenos e das nenas é agora, o presente, onde viven como persoas con dereitos e deberes. Este tempo debería transcorrer ao carón dos que os queren, na familia, escenario privilexiado e microcosmos configurador do seu mundo. “O tempo dos nenos”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

O noso bebé medra. gatea, que é un chanzo máis no seu desenvolvemento. E agora, está aprendendo a camiñar, unha das etapas máis esperadas por nais e pais. Non existe unha idade determinada para aprender a camiñar. Cada neno, cada nena seguen o seu propio ritmo de desenvolvemento, e cando consigan camiñar as posibilidades de apertura ao mundo multiplícanse. “Aprendendo a camiñar”.

A AVENTURA DE CRECER

A música sempre ten que estar presente na vida dos máis pequenos. Neste Espazo das Familias de Preescolar na Casa sábeno ben, e sempre deixan un pouquiño de tempo para cantar: “Patatín, patatero”.

XOGAR E BRINCAR

O xogo é un elemento educativo de primeira magnitude. Xogar é unha actividade, ademais de pracenteira, necesaria para o desenvolvemento intelectual e afectivo do neno. Porque o xogo favorece a maduración e o pensamento creativo. Así, entre os 2 e os 6 anos aparece o chamado xogo simbólico. A partir de escenas vividas, o neno engade elementos propios. Chega a etapa de xogar a mamás e papás, a médicos ou a carniceiros. Isto permítelle ao neno entrar e saír de personaxes e roles diferentes e experimentar situacións novas. Nenos e nenas imaxinan ser outras persoas, imitando situacións que ven na vida real. “Falamos de xogo simbólico”.

LIÑA DIRECTA

Está moi ben tratar de que os nenos desenvolvan todas as destrezas posibles, pero non debemos descoidar a súa educación emocional. Por iso preguntamos a Ángela Torres, Psiquiatra e profesora da USC o seguinte: “Que entendemos por educación emocional”.

CONTRAPORTADA

Rematamos o programa recordando a importancia da igualdade entre homes e mulleres. Porque non debemos esquecer que “A metade do mundo é feminina”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 684

TÍTULO: O tempo dos nenos

DATA DE EMISIÓN: 19 de novembro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag