Comeza unha nova temporada de PnC na TVG


Temos hoxe no programa que da comezo a este curso a Lois Ferradás, Decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Con el falaremos da importancia da educación infantil e da parentalidade positiva para a consecución dunha sociedade mellor. “Preescolar na Casa e a Educación Infantil”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Falamos aquí do estudo “Infancia e Futuro”, onde se analiza o impacto que as transformacións sociais teñen sobre a infancia. Un análise sobre as condicións de vida das nenas e os nenos en España. “O futuro dos nenos”.

A AVENTURA DE CRECER

Poñemos imaxes a unha cantiga de 13 Lúas: “O magosto”. En pleno outono, o magosto convértese nunha das festas máis tradicionais e saborosas de Galicia. Nun magosto, nenos e nenas gozan das castañas, gozan da festa. Tradicións que serven aos máis pequenos para estar máis próximos á realidade que os rodea.

XOGAR E BRINCAR Neste programa sempre dixemos que o xogo era imprescindible na vida dos máis pequenos. Estamos convencidos, como din importantes pedagogos e estudosos da infancia que “os xogos dos nenos e nenas deberían considerarse como os seus actos máis serios”. En Preescolar na Casa sempre o tivemos claro. “Que importante é xogar”.

LIÑA DIRECTA

Juan Antonio Pinto Antón fala sobre a importancia do reparto de responsabilidades no fogar, do reparto das tarefas. Isto será o primeiro paso para que nenos e nenas medren na igualdade entre homes e mulleres. Os máis pequenos aprenden as cousas máis importantes na casa, na familia. “Sobre o reparto de responsabilidades”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 683

TÍTULO: Preescolar na Casa e a Educación Infantil

DATA DE EMISIÓN: 12 de novembro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag