Máis apoios a Preescolar na Casa, este dende o Concello de Begonte
A Corporación do Concello de Begonte (Lugo) aprobou por unanimidade apoiar unha solicitude presentada por pais e nais de dito Concello en relación co servizo que presta a Fundación Preescolar na Casa, instando á Xunta de Galicia a “manter as axudas deste servizo para manter a súa continuidade, e se cabe, potenciar aínda máis este servizo“.
No escrito, acompañado de firmas de nais e pais do Concello, destacábase que “os pais beneficiarios deste programa non podemos entender que unha actividade con estas bondades, que une ás familias e permite ver medrar aos nosos fillos, non se vaia prestar por recorte orzamentario, dado que pensamos que a educación dos nosos fillos está por riba de todo”.