Archive for the ‘Notas de prensa’ Category

Continúan as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

Este sábado 26 de marzo continúan no Salón de Actos da Escola de Maxisterio de Lugo as I Xornadas “Unha mirada á primeira infancia”, continuación da celebrada o pasado 12 de marzo. “Educando na Infancia e na adolescencia”, unha premisa que a Fundación Preescolar na Casa, a Fundación Santa María e a Escola de Maxisterio de Lugo queren levar a cabo para acadar unha sociedade xusta e solidaria. E para isto, a educación ten que ser o camiño. Os obxectivos desta xornada serán analizar as necesidades da infancia, reflexionar sobre a imaxe da mesma, afondar nas respostas ás necesidades globais da infancia 0-6 e de colectivos específicos e sensibilizar cara á necesaria colaboración dos diferentes axentes relacionados coa infancia.

“Unha mirada á primeira infancia” quere ser un foro para reflexionar sobre a infancia; un tempo e un espazo para analizar a realidade, para situar as necesidades dos nenos e das nenas. A través da presentación de diversas experiencias poderemos visualizar un modelo de intervención educativa acorde coas necesidades actuais, analizando a resposta que se Read the rest of this entry »

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

Mañá comezan na Escola de Maxisterio as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia, organizadas pola Fundación Preescolar na Casa, a Fundación santa María e a propia Escola de Maxisterio de Lugo. Será ás 10:00 da Mañá no Salón de Actos.

A Fundación Preescolar na Casa é unha entidade sen ánimo de lucro Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa, a experiencia máis valorada en Europa

No Seminario Internacional celebrado en Wroclaw (Polonia), onde se reuniron rexións europeas para intercambiar boas prácticas e experiencias para solucionar problemas comúns a estas rexións incluíuse a Preescolar na Casa como proposta de boa práctica para proxectos Interreg IVC con 14 rexións europeas, proxectos en áreas illadas para romper o círculo de exclusión territorial.

Dentro do Grupo de Traballo “A formación e a educación ao longo da vida” presentouse o labor que realiza a Fundación Preescolar na Casa xunto con outras 29 experiencias máis de diferentes países de toda Europa. De entre 11 experiencias seleccionadas por boas prácticas, a máis votada foi a de Preescolar na Casa.

Preescolar na Casa a prol da integración

(Ver noticia en La Voz de Galicia). A Fundación Preescolar na Casa ten como misión difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa familiar promovendo espazos educativos nos que se acompaña á familia na aventura de crecer e no desafío de educar. Con este obxectivo, as orientadoras e orientadores participan mañá venres nunha xornada formativa na que intervirán José Manuel Pérez Folgueira –membro da Asociación Lucense de Promoción e Integración Xitana- e Saray Durán Gato –da ONG Ecos do Sur. Os relatorios afondarán nas características culturais destes colectivos e nos prexuízos e dificultades que afectan ás familias na súa tarefa educadora. As conclusións da xornada servirán Read the rest of this entry »

Encontro Estatal: “Educación para la primera infancia”

A Fundación Preescolar na Casa presenta os seus servizos para a educación e atención a primeira infancia no Encontro entre entidades locais, organizado polo Ministerio de Educación e a Federación Española de Municipios e Provincias   Read the rest of this entry »

A Fundación Preescolar na Casa inicia o novo curso 2010/2011

O venres 3 setembro celébrase en Lugo, na sede da Fundación Preescolar na Casa: Garaballa de arriba, nº 9, a reunión de Comezo de curso de tódolos profesionais que forman o equipo da Fundación Preescolar na Casa. Ver noticia en El Progreso.

Esta xornada, que reúne aos 60 profesionais da Fundación, contará coa presencia de Carmen Lago de Lanzós Tomás, Xefa do Servizo de Familias do Ministerio de Sanidade e Política Social, para disertar sobre parentalidade positiva. Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag