Author Archive

Final de curso en Marcelle Natureza

Aproveitando o remate do curso, as nais, pais, nenos e nenas participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa da zona de Lugo Sur, visitarán o vindeiro día 23 o Parque “Marcelle Natureza”, no Concello de Outeiro de Rei, Lugo. Tamén o farán, a partir das cinco da tarde, familias da zona de Lugo Norte, dos concellos de Castro de Rei, Begonte, Outeiro de Rei, Muras, Cospeito e Rábade.

Nesta visita pretendemos coñecer o noso contorno natural próximo e animais que non temos no noso ámbito, ao tempo que pasamos un día de aprendizaxe e divertimento en compañía.

Marcelle Natureza

Marcelle Natureza

Concretamente, esta experiencia ten como finalidade:

- Coñecer outros seres vivos que existen no noso medio (animais, prantas…).

- Fomentar o respecto e valoración do contorno.

- Favorecer as relacións entre as diferentes familias participantes nos Espazos das Familias de Concellos limítrofes.

- Compartir un tempo de lecer entre pais e fillos e entre os propios nenos e nenas.

Esperamos que gocedes da experiencia.

Concerto para bebés en Monforte

A Fundación Preescolar na Casa quixo achegar a música clásica á infancia cun concerto en directo o mes pasado en Monforte. Con estes concertos tratamos de contribuír a que nais, pais e fillos poidades gozar da música e descubrir a importancia que ten no desenvolvemento global das persoas, así como para axudar a nenas e nenos a desenvolver distintas capacidades como a sensibilidade auditiva e a gozar cos sons e coa música. Iste evento foi posible grazas á colaboración do Conservatorio Municipal Mestre Ibañez e o patrocinio da Delegación de cultura do Concello de Monforte de Lemos. Agradecemos o seu esforzo a todas as persoas implicadas na organización do Concerto e a todos os que alí estivechedes, grazas.

Aquí tedes unhas fotos por si as queredes descargar:

Como inflúe o aprendido na infancia?

Preescolar na Casa defende que as vivencias acontecidas nas primeiras idades son fundamentais para a personalidade futura. Unha sociedade que se prece non debería escatimar en gastos para que a atención aos nenos e nenas sexa a mellor e máis axeitada posible, e a ser posible dende a propia casa e dende a propia familia, coas persoas que os queren e coidan. O pensador Eduardo Punset fala neste artigo publicado en XL Semanal de que “ata os sete anos, os nenos son o mellor exemplo dun departamento de I­­+D con gastos pagos, que non podemos abandonar a súa sorte se queremos sobrevivir”.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag