|
|
 |
Revista PnC e Publicacións
|
 |
 |
VER REVISTAS EN PDF
CADERNOS PREESCOLAR NA CASA
Preescolar na Casa-Educar en Familia ten editados ata agora 23 Cadernos de Traballo para as familias. En posteriores entregas ofreceremos información máis ampla doutros cadernos. Aquí presentamos o listado completo:
Los contenidos se reparten en los siguientes apartados:
|
|
|
. II Congreso de Educación Infantil Familiar
. Informe de Avaliación 1994-1997
. Isto é Preescolar na Casa
. Preescolar na Casa: unha utopía reaizable
. Preescolar na Casa. Formación de pais en Educación Infantil
. Atención Temperá: Serie de oito cadernos
. Os accidentes infantís
. Ler. O camiño da afectividade (Contén vídeo)
. Os primeiros anos
. O xogo e o xoguete
. O neno e o debuxo
. O rural en seis ditos labregos
. O neno e a nena de tes anos
. Cóntame un conto
. Avanzamos xuntos: desenvolvemento integral dos nenos de 0-2 anos. Actividades para unha estimulación axeitada
. Xogos de sempre para nenos de agora
. Convivir coa televisión
|
- ACCIDENTES INFANTÍS (Juan Antonio Pinto Antón)
Este caderno de traballo de Preescolar na Casa-Educar en Familia ten como pai o dito popular: Máis vale previr que curar.
Os accidentes infantís son uns compañeiros de viaxe non queridos. Os nenos sempre sufriron accidentes, pero hoxe a progresión é ascendente.
Algo terán que ver os moitos productos de limpeza, a chea de medicamentos, a electrecidade. Algo terá que ver a omnipresencia dos coches e das Este caderno de traballo de Preescolar na Casa-Educar en Familia ten como pai o dito popular: Máis vale previr que curar.
Os accidentes infantís son uns compañeiros de viaxe non queridos. Os nenos sempre sufriron accidentes, pero hoxe a progresión é ascendente.
Algo terán que ver os moitos productos de limpeza, a chea de medicamentos, a electrecidade. Algo terá que ver a omnipresencia dos coches e das máquinas.
A palabra máxica é prevención. E a prevención está relacionada coa idade: desde a protección total para os bebés, ata unha certa autonomía para os nenos que aínda non van á escola. Cando chega o accidente, xamais o nenos será culpable. Somos nós, os adultos os que debemos tomar as medidas oportunas.
Datos oficiais repiten a miúdo que os accidentes son a primeira causa de morte dos menores. Dádevos conta que a maioría dos accidentes infantís ocorren diante dos pais, na casa, sobre todo queimaduras e enveleñamentos.
E non estamos a falar de pais pouco asisados. Pero a vixiancia non pode abranguer os mil catrocentos corenta minutos do día. Todo acontece demasiado rápido, ás veces en segundos. E nós somos pais, non galiñas chocas.
Capítulos tratados neste caderno
1. Uns compañeiros de viaxe non queridos: os accidentes infantís
2. A cociña, lugar de quentura e aprendizaxes
e punto negro da casa
3. A lixivia non se bebe e as aspirinas non son caramelos
4. ¡Ollo, que queima! O lume pillabán
5. Asfixias e atragoamentos
6. ¡Mira que vas caer! Caídas e fracturas
7. ¡Non quero que xogues cos coitelos! Os obxectos cortantes
8. Enchufes e aparatos eléctricos
9. Madriña, xa sei conducir o tractor. As máquinas. Accidentes de circulación
10. Anexos: O cofre do tesouro chamado botiquín
¿Qué facer cando
.? Recomendacións xerais
Direccións e teléfonos de interese
Cadernos Preescolar na Casa
- OS PRIMEIROS ANOS (Marisol Fernández Rocha)
Un día un sabio recibiu a visita dunha nai con seu fillo dun ano. A nai preguntoulle:
- Dime, sabio ancián, ¿cando debo comenzar a educar ó meu fillo
- Levas un an de retraso respondeu o sabio
Capítulos tratados neste caderno son os seguintes:

- Ideas sobre a crianza dos fillos
- Somos resultado dun proceso
- Todos somos iguais e todos somos diferentes
- Os primeiros anos da vida son decisivos
- Medrar nun contorno axeitado:
- Amor incondicional
- Alimentación adecuada
- Movemento e desenvolvemento intelectual
- Contorno familiar
Cómo debemos actuar:
- Afectividade
- Alimentación, saúde, hixiene
- Socialización
- Cognitivo/intelectual
|
|
CADERNOS PREESCOLAR NA CASA
|
CONVIVIR COA TELEVISIÓN
Cando apálpe-las páxinas deste caderno de Preescolar na casa entre as xemas dos teus dedos, cando ulas o seu arrecendo e vexas os debuxos caprichosos das súas letras, cando separes as cortinas das palabras e entres no cuarto do comprender, oxalá percíba-lo fin último que CONVIVIR COA TELEVISIÓN
Cando apálpe-las páxinas deste caderno de Preescolar na casa entre as xemas dos teus dedos, cando ulas o seu arrecendo e vexas os debuxos caprichosos das súas letras, cando separes as cortinas das palabras e entres no cuarto do comprender, oxalá percíba-lo fin último que nos levou a elaborar este caderno, e que non é outro que reflexionar en torno ó xusto lugar que lle correspondería ocupar á televisión na vida dos nosos fillos e fillas. Queremos, xa que logo, facer unha chamada á acción, mesturada cunha presada de ideas co bandullo cheo de impaciencias, medos, pero tamén de posibilidades e esperanzas.
Porque, ¡digámolo xa!. Ó falarmos da tv e dos máis pequenos, os pais debemos ser conscientes do noso papel. Somos mediadores transcendentes e importantes na aprendizaxe social e cognitiva que os máis pequenos obteñen coa máquina televisión. A importancia da actitude familiar márcaos dende súa máis tenra infancia. Así como os alimentos que toman condicionan a súa saúde e os seus hábitos alimenticios como adultos, as actitudes diante da pequena pantalla durante a infancia poden marcar, non só a actitude do futuro adulto diante dela, senón tamén diante da realidade. Porque se educar é axudar ós demais a saber enfrontarse co mundo, poñendo os cimentos para o nacemento dun sentido crítico e dunha imaxinación creadora, todos somos conscientes de que a televisión forma parte das nosas vidas e das dos nosos fillos e fillas.
Xa que logo, situémola no seu lugar. Nas nosas mans está.
|
| @ NEN@ E O DEBUXO |
| Neste caderno de Preescolar na Casa, fálase con gran claridade sobre o debuxo d@ nen@ como actividade natural que aparece en canto que este é capaza preparatoria (1 ano e medio2 anos e medio), etapa dos garabatos (2 anos e medio3 anos), etapa de imitación motriz (34 anos), etapa de imitación gráfica (45 anos) e etapa do debuxo intencional (a partir dos 5 anos). Unha das constantes do caderno é o fincapé que se fai nas actitudes que debemos ter os pais diante d@ nen@ que pinta, destacando a importancia de deixar ós nen@s que pinten libremente. Así mesmo, noutro capítulo, falase dos diversos instrumentos e materiais que se lle poden facilitar ó nen@ para que desenvolva a súa capacidade pictórica e creativa, así como da gran variedade de soportes sobre os que se pode pintar. |
|
Se queres máis información sobre as publicacións,
non dubides en poñerte en contacto connosco.
|
VER REVISTAS EN PDF
|
|
|
 |
 |
 |
 |
|