Preescolar na Casa

Un programa de formación de pais co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos fillos a través da reflexión sobre o acontencer da vida diaria.

Educar en familia - Preescolar na casa quere ser un referente educativo para as familias e para tódalas persoas relacionadas coa atención e a formación dos nenos.
Preescolar na Casa
· Quen Somos
· Que facemos
· Programa A.M.I.E
· Contacta
· Páxinas amigas
· Colaboradores e Financiadores

Programa Televisión

 VER OS PROGRAMAS 


 VER CONTIDOS DOS PROGRAMAS 

PREESCOLAR NA CASA EDUCAR EN FAMILIA E A TVG
O Programa de TV

Dende o ano 1990, Preescolar na Casa, conxuntamente coa Televisión de Galicia, realiza un programa de emisión semanal de media hora de duración. Son xa case 500 programas (25/VI/05, programa 476) que fan de PnC un dos programas educativos máis veteranos nas parrillas televisivas.
Con este programa preténdese ofrecer, á sociedade en xeral e á familia en particular, elementos para a reflexión e para a acción educativa.
.

Máis concretamente, os obxectivos deste programa son:
- Divulga-los coñecementos relativos á xestación do ser humano como etapa de desenvolvemento importante en si mesma.
- Acchegar elementos de reflexión sobre a importancia das experiencias temperás que vive o ser humano.
- Reflexionar sobre as propias conductas, en canto que a familia, os pais, son modelos de identificación para seus fillos e fillas.
- Concienciar da necesidade dunha educación solidaria e non sexista, atendendo especialmente ás propias actitudes e comportamentos.
- Valora-la relación adulto/neno, a curiosidade infantil, a actividade espontánea e o xogo como desencadeantes de procesos de aprendizaxe e desenvolvemento físico, intelectual, emotivo-afectivo, etc.
- Persuadir das moitas posibilidades que teñen as familias para responder axeitadamente ás necesidades do seu fillo ou filla: alimentación, saúde, hixiene, comunicación, afectividade, desenvolvemento intelectual...
- Ofrecer cancións, contos, adiviñas, ..., que abrirán as portas ó desenvolvemento da linguaxe, do pensamento, da imaxinación...
- Descubri-la importancia dos elementos do entorno no proceso de aprendizaxe e construcción da personalidade do neno ou da nena.
- Amosa-la construcción de xoguetes sinxelos por parte dos pais, da familia e propoñe-la construcción doutros con materiais do entorno e de reciclaxe, aproveitando para introduci-la educación ecolóxica.
- Propo-la lectura de libros de interese educativo para pais, así como libros axeitados ás diferentes idades dos máis pequenos.
- Destaca-la importancia da lingua galega.
- Reflexionar sobre cuestións de actualidade dentro do mundo da educación.
- En definitiva, trátase de ofrecer claves para que as familias poidan dar resposta ás necesidades dos seus fillos dende o momento da concepción considerándoos en toda a súa globalidade.

Os contidos que se tratan na media hora que dura o programa están recollidos nos siguientes apartados:
As cousiñas de cada día. Tempo de saúde:
Neste apartado teñen cabida diferentes reportaxes sobre o aproveitamento educativo do entorno (social e físico) máis próximo ós máis pequenos. Aquí podemos encontrar contidos que van dende como fomentar na familia a observación dos máis pequenos, ata a importancia dos límites, pasando polo aproveitamento educativo de situacións como plantar flores, facer unha viaxe, elaborar un menú, etc. Tamén visitamos centros de cultura, experiencias novas, museos, aulas de natureza e estamos alí onde haxa algo que dicir sobre educación nos primeiros anos de vida.

Axúdame a crecer:
Dende antes do nacemento se pode e se debe estimular tódalas capacidades do neno ou da nena que está por chegar. Masaxes, cancións, contos, teatro,...

Entrevista e reportaxe:
Espacio dedicado a entrevistar a persoas que teñan algo importante que dicir sobre o mundo grande da familia e da educación dos máis pequenos.



Xogar é vivir:
Trátase de ofrecer diferentes propostas de xogo e de elaboración de xoguetes na casa, con materiais de reciclaxe e e do entorno.

Os nosos consellos:
Intervencións de pediatras, psicólogos infantis, logopedas, ..., para falar de hixiene, saúde, coidados do bebé, como previr accidentes, presentación de libros para pais e nenos,...

Hoxe falamos de:
Flash de imaxes-recordatorio dos contidos do programa e pequenas mensaxes sobre datas concretas como Día do neno, Día do enfermo, Día do libro, ....

Os “actores” e “actrices” do programa son as propias familias coas que traballa PnC. O programa de TV é empregado como material pedagóxico nas reunións de orientación, sendo así mesmo, moi solicitado por profesionais da educación (Facultades de C.C. de la Educación), con demandas a nivel internacional. Preescolar na Casa na súa globalidade, e o programa de TV en particular están incluidos nos temarios de “Didáctica da Educación” e de “Educación Infantil no medio rural”, impartidos en Facultades de Ciencias da Educación (Cataluña, Andalucía, Canarias, Asturias e Castela-León) e tamén nos Ciclos Formativos de Educación Infantil en Galicia.



 VER CONTIDOS DOS PROGRAMAS 


 VER OS PROGRAMAS 

Deseņada e aloxada por GaliciaDixital
© Preescolar Na Casa· Garaballa de Arriba 9, 27003 LUGO · correo@preescolarnacasa.org