Un programa de formación de pais co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos fillos a través da reflexión sobre o acontencer da vida diaria.
Educar en familia - Preescolar na casa quere ser un referente educativo para as familias e para tódalas persoas relacionadas coa atención e a formación dos nenos.
Preescolar na Casa conta con varios programas de radio semanais de media hora de duración en: Radio Galega, Radio Principal Cadena Ser Vilalba e Monforte, Carral Radio, Radio Municipal de Quiroga e Radio Municipal de As Pontes . Con estes programas preténdese:
- Apoiar e animar ós pais no ámbito da súa formación en educación infantil, reforzando os seus coñecementos e contribuíndo a que se anticipen ante o que pode suceder dentro do desenvolvemento evolutivo dos seus nenos.
- Reforzar a tarefa de orientación.
- Divulgar e servir de canle á cultura popular galega e, especialmente, ó idioma galego.
- Servir de medio para valorar o rural galego e axudar a que este conserve a súa dignidade.
- Favorecer o entendemento e a comunicación non só entre a familia, senón mesmo na comunidade onde esta vive e na súa relación con outras forzas sociais.
- Involucrar a tódolos membros da familia na educación dos nenos/as.
- Fomentar valores como o respecto ós demais e ó medio onde viven.
- Alegrar, divertir, entreter.