Preescolar na Casa

Un programa de formación de padres con niños de 0 a 6 años con la finalidad de ayudar en el desarrollo pleno de las capacidades de los hijos a través de la reflexión sobre el acontecer de la vida diaria.

Educar en familia - Preescolar na casa quiere ser un referente educativo para las familias y para todas las personas relacionadas con la atención y la formación de los niños y las niñas
Preescolar na Casa
· Quienes Somos
· Que hacemos
· Programa A.M.I.E
· Contacta
· Páginas amigas
· Colaboradores y Financiadores

Programa Televisión

Cuidados en el embarazo (13/III/10)

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS PROGRAMA Nº 636 TÍTULO: Coidados no embarazo DATA DE EMISIÓN: 13 de marzo de 2010

ENTREVISTA
A matrona do SERGAS Beni Martínez estará hoxe connosco para falarnos dos coidados que debe ter calquera nai embarazada. Neste estado as nais xestantes deben prestar especial atención á alimentación, ó exercicio físico, ..., en definitiva, estar ben atentas a levar unha vida o máis saudable posible. Polo neno que está no seu ventre e por elas mesmas. Deste coidado falaremos no programa de hoxe. “Coidados no embarazo”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Os adultos queremos que os fillos sexan ordenados. Póñensenos os pelos de punta cando vemos os seus cuartos sen orde nin concerto: xoguetes, roupa, contos, …, todo ciscado. A orde é necesaria para unha boa convivencia familiar. Supón dispoñer as cousas no sitio correspondente e no momento oportuno. E a orde vai servir de base para outros valores importantes, porque falar da orde como valor inclúe non só a ordenación das cousas, senón a orde da persoa en xeral, que conduce ó control e ó dominio de si mesmo. A orde conduce, en definitiva, ó equilibrio emocional, á organización das ideas e ó propio proxecto persoal. A orde comeza dende o mesmo nacemento, creando hábitos no momento das comidas, do sono ou da hixiene. Os bos hábitos levan a unha vida ordenada. “Educar na orde”.

A AVENTURA DE CRECER
O diccionario define egocentrismo como a tendencia a non se interesar máis que por un mesmo, cunha exaltación esaxerada da propia personalidade. É unha característica que nos nenos abrangue aproximadamente ata os oito anos.
Os nenos consideran que todo xira ó seu redor. Non son capaces de poñerse na pel dos demais. Séntense o centro do universo, porque de feito para a familia sono todo o tempo. Pero convén irlles ensinando normas de convivencia. Disto vai esta reportaxe. “O egocentrismo”.

XOGAR E BRINCAR
Nenos e nenas poden aprender moitas cousas cun elemento que soe haber nas casas: a baralla. Esas corenta cartas poden ser un perfecto vehículo de aprendizaxe para nenos e nenas dende ben cedo. A través do xogo, o neno medra como persoa. O xogo é o seu modo natural de aprendizaxe e de relación co mundo que o rodea. E a mellor maneira de aprender vai ser cos obxectos do contorno e na vida diaria. Os pais temos que ter os ollos ben abertos para ofrecer ó noso fillo oportunidades de investigar. Como din por aí, isto é de sota, cabalo e rei. “Sota, cabalo e rei”.

LIÑA DIRECTA
Rosa Mª Rivas Torres é profesora de linguaxe na Universidade de Santiago de Compostela, e hoxe da resposta a unha pregunta que preocupa ós pais: Cando debemos preocuparnos se o noso fillo non fala ou faino deficientemente?

CONTRAPORTADA
Din por aí que hai varios tipos de nenos no mundo: o neno cliente, o neno traballador, o neno soldado, o neno prostituído, ... Rematamos este programa cunha mensaxe de atención á infancia. “Cinco tipos de nenos”.

Autor: Redacción
Fecha: 2010-03-09 10:08:13

volver
Diseñada y alojada por GaliciDigital
© Preescolar Na Casa· Garaballa de Arriba 9, 27003 LUGO · correo@preescolarnacasa.org