Preescolar na Casa

Un programa de formación de padres con niños de 0 a 6 años con la finalidad de ayudar en el desarrollo pleno de las capacidades de los hijos a través de la reflexión sobre el acontecer de la vida diaria.

Educar en familia - Preescolar na casa quiere ser un referente educativo para las familias y para todas las personas relacionadas con la atención y la formación de los niños y las niñas
Preescolar na Casa
· Quienes Somos
· Que hacemos
· Programa A.M.I.E
· Contacta
· Páginas amigas
· Colaboradores y Financiadores

Programa Televisión

Un buen comienzo (6/III/10)

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS PROGRAMA Nº 635 TÍTULO: Un bo comezo DATA DE EMISIÓN: 6 de marzo de 2010

ENTREVISTA
Alejandrina Díaz Cordal é orientadora de Preescolar na Casa, cunha ampla experiencia educativa e profesional as súas costas, e estará hoxe connosco para falarnos do que chamamos un bo comezo. Porque nenos e nenas deben comezar a vivir a vida da mellor das maneiras, con pais e nais responsables. E isto debe comezar xa antes de nacer, debe comezar no momento en que unha parella se plantexa ter un fillo. Porque é obriga dos pais darlles o mellor ós seus fillos. “Un bo comezo”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Hoxe fixemos unha viaxe moi especial para os máis pequenos. Dende Vilagarcía ata Santiago no tren. Dende o tren o mundo vese dende outra maneira, e os ollos ben abertos dos nenos recollen todo coma se de unha cámara de vídeo se tratase. Para case todos foi a súa primeira viaxe en tren, unha experiencia chea de aprendizaxes que seguro tardarán en esquecer. “O tren que me leva”.

A AVENTURA DE CRECER
Cantamos xuntos. A música non pode faltar na dieta diaria de nenos e nenas. Porque a música é a ponte que nos leva a outros tipos de aprendizaxes e capacidades. “O polo Pepe”.

XOGAR E BRINCAR
Xogar co papá e coa mamá é o mellor do mundo. E agora, coa crise, temos que axustar o cinturón. Así que, máis ca nunca, debemos pensar nos beneficios de facer xoguetes caseiros, de reciclaxe, unha boa mestura de aforro, ecoloxismo e de facer tarefas xuntos. Así que estamos diante dunha excelente oportunidade para poñer en marcha a imaxinación creando xoguetes caseiros cos máis pequenos con materiais que temos a man na casa. Imos cun exemplo. As tendas están cheas dun elemento de xogo que gusta moito a nenos e nenas: as cociñas de xoguete. En lugar de gastar os cerca de 100 euros que pode costarnos unha cociniña, podemos facela nós. Precisaremos dunha mesiña baixa, unha saba vella, tesoiras e rotuladores. “Unha cociniña caseira”.

CONTRAPORTADA
A poesía fainos máis sensibles e mellores persoas. Os nenos e nenas deben coñecer a poesía. Rematamos o programa cun fermoso poema de Antonio García Teijeiro: “Eu quero rir”.

Autor: Redacción
Fecha: 2010-03-01 09:35:15

volver
Diseñada y alojada por GaliciDigital
© Preescolar Na Casa· Garaballa de Arriba 9, 27003 LUGO · correo@preescolarnacasa.org