Carnaval e identidad (13/II/10)
PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA Nº 632
TÍTULO: Entroido e identidade
DATA DE EMISIÓN: 13 de febreiro de 2010
ENTREVISTA
Alexandre Sotelino é licenciado en Pedagoxía Social e investigador da Universidade de Santiago de Compostela. Estamos en pleno Entroido, e falaremos con el sobre como vivir e enfocar estas festas cos nenos e nenas, e non só estas que estamos a vivir esta semana, senón todas as tradicións populares que abondan tanto en Galicia. “Entroido e identidade”.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Arqueixal é unha pequena empresa artesanal e ecolóxica que visitamos hoxe cos máis pequenos. Alí eles verán e palparán a elaboración de queixo, iogur e outros produtos ecolóxicos derivados do leite. A educación e a formación está composta por pequenos momentos que vivimos no día a día das familias, e dende a familia temos que procurar que estas vivencias sexan positivas e enriquecedoras. Hoxe fixemos esta visita así, en familia. “Aprendemos en Arqueixal”.
A AVENTURA DE CRECER
Ó comezo da xestación, moitas nais embarazadas sofren náuseas, especialmente ó comezo do día. A náusea é un estado patolóxico caracterizado por unha sensación desagradable de noxo ou repugnancia con desexo de vomitar. Aínda que os remedios máxicos non existen, xa que cada persoa é un mundo, si existen pequenos trucos que poden axudar a combater esa sensación de malestar. Na reportaxe de hoxe falamos destes remedios. “Remedios contra as náuseas no embarazo”.
XOGAR E BRINCAR
O Entroido entra pola porta, unha das festas con máis tradición da nosa terra. Chegou o tempo de disfrazarse. O disfrace pode ser un bo motivo para desenvolver a imaxinación e a creatividade, así que buscádeo co vosos fillos falando e verbalizando con eles o que imos facer. A ser posible, debemos inventar un disfrace cos materiais que teñamos na casa, aproveitando roupas vellas. Tamén podemos facer cosidos sinxelos, así como pintar teas, ou que se vos ocorra. Nós ímosvos axudar con unha das cousas máis importantes para que non vos coñezan: imos facer caretas, as raíñas do Entroido. “A facer máscaras”.
LIÑA DIRECTA
Salvador Cardús, sociólogo da Universidade Autónoma de Barcelona responde ó seguinte: Que aportan os avós á educación dos nenos?
CONTRAPORTADA
Estamos no Entroido. Nenos e adultos debemos vivir e gozar da festa. “Tempo de Entroido”.
Autor: Redacción
Fecha: 2010-02-08 13:45:59
volver