Educación no formal (6/II/10)
PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA Nº 631
TÍTULO: Educación non formal
DATA DE EMISIÓN: 6 de febreiro de 2010
ENTREVISTA
Teremos no programa a Francisco Candia, profesor do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela para falarnos de todas esas formas de educación que se escapan da educación formal das escolas, institutos e universidades. Porque todo e todos educamos, dun xeito positivo ou negativo. Cómpre facelo da primeira das maneiras. “Educación non formal”.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Estivemos na Biblioteca de Lugo gozando dos libros e de moitas outras sorpresas. Debemos aproveitar todos os recursos que hai ó noso redor para facilitar ós máis pequenos posibilidades de aprendizaxe e de desenvolvemento. Porque as bibliotecas non son sitio só para grandes estudiosos ou eruditos, nas bibliotecas podemos atopar sorpresas que farán as delicias de nenos e grandes. “Sorpresas na biblioteca”.
A AVENTURA DE CRECER
Hoxe cantamos cos nenos de Entrecruces a canción de Os Contrarios. Gozamos coa música, aprendemos coa música. A música abre portas do noso cerebro da mellor das maneiras. “Cantiga dos contrarios”.
XOGAR E BRINCAR
A neve deixou hai pouco en Galicia o seu manto branco. E deunos a posibilidade de xogar nela ben abrigados. Un elemento de xogo e diversión de priemiro nivel. Hai xogos ben divertidos que só poden facerse aquí, na neve. Esvarar, caer, deslizarse neste tobogán conxelado. Todo é posible neste milagre de cor branca que inventa a auga. Bolas grandes e redondas de textura é suave e moi fría. Rodan como pelotas e balóns pero son moito máis pesadas. Non poder faltar o boneco de neve. El non ten medo ó frío e nós tampouco. Pero ós nenos sóbralles imaxinación e moitas ganas de diverirse. Xogos coa neve. Xogando xuntos. Divertíndose neste paraíso aterecido. “Xogos na neve”.
CONTRAPORTADA
Revistas vellas. Xornais atrasados. Están cheos de formas diferentes. Gardan dentro moitos sons. Moitas formas. Reciclamos para volver a usar. “Un mundo de papel”.
Autor: Redacción
Fecha: 2010-02-02 14:45:44
volver