El arte y los niños (9/I/10)
PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA Nº 627
TÍTULO: A arte e os nenos
DATA DE EMISIÓN: 9 de xaneiro de 2010
ENTREVISTA
Hoxe visita o noso plató Manuel Teira, polifacético artista, para falarnos de nenos e de arte. As mentes dos nenos e das nenas están nos primeiros anos abertas a todo tipo de propostas. A nosa misión como pais e como educadores será a de proporcionarlles os estímulos necesarios para que poidan desenvolver o seu enorma potencial. Falamos de arte, de creatividade, e da formación artística dos máis pequenos. “Nenos e publicidade”.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
O movemento do neno condiciona a súa capacidade de relacionarse co medio. Afecta á súa coordinación e aprendizaxe. Porque a través do movemento exploramos e experimentamos co mundo que nos rodea e así coñecemos os límites do noso corpo e nosas capacidades. Este coñecemento proporciona autonomía, e polo tanto seguridade e autoestima. O movemento do ser humano non é só o resultado da contracción dalgún músculo, senón que é un acto voluntario orientado a un fin determinado, con un obxectivo, situado no medio que nos rodea. O movemento é algo planificado e intencionado. Movémonos porque queremos conseguir algo que nos interesa do noso redor, persoa ou obxecto. Poñemos en marcha mecanismos precisos para chegar ata el. Os adultos sabemos de forma automática cales son estes mecanismos. E sabémolo porque os fixemos moitas veces e os temos automatizados, e non temos que pensalos antes de realizalos.. “Movemento e aprendizaxe”.
A AVENTURA DE CRECER
Cos contos, entramos no mundo máxico da palabra. Cos contos abrimos á porta á fantasía e á imaxinación. Hoxe, Rosa Dosil, conta: “O conto das portas”.
XOGAR E BRINCAR
En Preescolar na Casa nunca nos cansaremos de resaltar o valor do xogo como instrumento lúdico de aprendizaxe. Importantes educadores falan de que marxinar o xogo é privar á educación dunha das súas mellores ferramentas. Olfato, gusto e tacto son os sentidos cos que o ser humano comeza a coñece-lo mundo. Hoxe, xogando, traballaremos da mellor das maneiras o sentido do tacto. Neste sentido, hoxe estamos preparados para preparar un espazo lúdico do máis enriquecedor: unha caixa sensorial. Coa caixa táctil, o neno desenvolve o sentido do tacto, aprende a distinguir texturas e sensacións da pel. E ademais, con materiais da casa, do contorno cotiá. “A caixa táctil”.
LIÑA DIRECTA
Josefa Castro, logopeda, da resposta a unha pregunta enviada por varios dos nosos televidentes: O fillo non reproduce o “R”, que podemos facer?
CONTRAPORTADA
A familia é a base de calquera sistema educativo. Un sistema educativo que non a teña en conta está condeado ó fracaso. En Preescolar na Casa sempre defendemos e seguiremos defendendo o papel da familia como primeira e principal educadora dos nenos e das nenas. E falamos de todos os tipos de familias. “9 de xaneiro, Día da Familia”.
Autor: Redacción
Fecha: 2009-12-21 17:35:19
volver