Preescolar na Casa

Un programa de formación de padres con niños de 0 a 6 años con la finalidad de ayudar en el desarrollo pleno de las capacidades de los hijos a través de la reflexión sobre el acontecer de la vida diaria.

Educar en familia - Preescolar na casa quiere ser un referente educativo para las familias y para todas las personas relacionadas con la atención y la formación de los niños y las niñas
Preescolar na Casa
· Quienes Somos
· Que hacemos
· Programa A.M.I.E
· Contacta
· Páginas amigas
· Colaboradores y Financiadores

Programa Televisión

Niños y publicidad (19/XII/09)

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS PROGRAMA Nº 626 TÍTULO: Nenos e publicidade DATA DE EMISIÓN: 19 de decembro de 2009

ENTREVISTA
Neste último programa do ano, e coincidindo coas festas do Nadal, falaremos dun tema ó que temos que estar moi atentos: a publicidade dirixida á infancia. Miguel Angel Arconada é profesor e un estudiosos do tema, e está hoxe con nós para falar da imaxe que ofrece a publicidade, dos estereotipos, dos códigos que regulan a publicidade e que non se cumpren, ... Nesta época de maior consumo do ano, cun bombardeo publicitario desaforado, cómpre que pais e educadores nos paremos a reflexionar. “Nenos e publicidade”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Cómpre educar ós máis pequenos nun consumo crítico e sostible. Reducir a compra de productos innecesarios. Antes de mercar algo, reflexionar sobre se realmente se precisa. Tratar de aforrar en envases e embalaxes. As estadísticas din que o resto do ano, cada persoa xenera un quilo e medio de lixo ó día. Nestas datas de Nadal, a cifra elévase a máis de dous quilos. Cómpre adornar a casa respectando a natureza. As árbores estanse a converter noutro obxecto de consumo. Van dende o monte ou viveiro ata o vertedoiro pasando polas casas particulares. Amosar a reciclar os residuos, respectar o medio natural e saber que hai que facer para preservar a natureza, é algo que debemos ensinar ós máis pequenos. Para isto, son necesarias actitudes día tras día. A educación ecolóxica é unha verdadeira materia transversal. No Nadal temos unha boa oportunidade para traballala. O planeta é a nosa casa. E todos podemos facer cousas para conservalo. “Un Nadal ecolóxico”.

A AVENTURA DE CRECER
Poñemos imaxes a unha canción de Luis Guitarra. Nesta canción fálase de solidariedade, de xente que non ten nada. Outra reflexión para facer cos fillos e fillas. “Todo é de todos”.

XOGAR E BRINCAR
Alexander Cálder, un dous artistas máis innovadores do s.XX, foi un escultor moi famoso polos seus móbiles. Os móbiles son estruturas de formas orgánicas abstractas suspendidas non ar e que se banlancean suavemente. Nós non somos Cálder, pero hoxe, entre todos, imos construír un móbil xigante ben divertido e enxeñoso.
Realmente non precisamos cousas moi compricadas. Como traballamos cos máis pequenos, buscaremos obxectos de cores rechamantes. Ben sabemos que deben ser seguros e manexables. Buscando e buscando atopamos todos estes. Imos velos mentres os nenos e as meniñas argallan e experimentan con eles. “O móbil xigante de Calder”.

LIÑA DIRECTA
Un bo regalo para os nenos e nenas é un conto. Por iso hoxe, Rosa Dosil, orientadora de PnC da resposta á seguinte cuestión: Por que son importantes os contos?

CONTRAPORTADA
Hoxe celebramos o Día do Inmigrante. Nestas datas de reecontros, tamén hai que ter un recordo para aqueles que están lonxe da súa casa e da súa terra. “18 de decembro, Día do Inmigrante”.

Autor: Redacción
Fecha: 2009-12-14 16:39:47

volver
Diseñada y alojada por GaliciDigital
© Preescolar Na Casa· Garaballa de Arriba 9, 27003 LUGO · correo@preescolarnacasa.org