Padres y Maestros (12/XII/09)
PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA Nº 625
TÍTULO: Pais e mestres
DATA DE EMISIÓN: 12 de decembro de 2009
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa Ismael García, orientador e director da prestixiosa revista educativa “Padres y Maestros”. Con el abordaremos o tema da implicación dos pais na educación dos fillos. Familia e escola son os dous pilares fundamentais para a educación dos máis pequenos. Acadar un bo entendemento entre ambas institucións semella tarefa fundamental. “Pais e mestres”.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
O amor debe ser a atmósfera na que se envolvan as actuacións de nais e pais. O neno debe medrar con amor. Este ten que ser a esencia da educación. Querer ós fillos non é só alimentalos, vestilos e calzalos. Querer ós fillos implica unha aceptación incondicional da súa persoa con tódalas súas cualidades e defectos. Querer ós fillos e dicirlles, con xestos e accións, que os apreciamos como son aínda que ás veces se equivoquen ou fagan cousas que non están ben. O noso amor será a base da súa felicidade e da confianza neles mesmos. Un neno que se sente querido e que o sabe, sentirase protexido e fortalecido, e as súas aprendizaxes serán mellores. “Amor de pais”.
A AVENTURA DE CRECER
Desplazámonos ata Melide, a unha planta de producción de cogomelos. Alí, nenos e grandes abriron ben os ollos para coñecer o máxico mundo dos fungos. Aprendizaxes significativas, que lle chaman. “A horta dos cogomelos”.
XOGAR E BRINCAR
Unn dos elementos de uso cotiá e máis doados para o xogo e a experimentación das nenas e dos nenos é o papel e o cartón. Hoxe imos traballar coas caixas de cartón. Son tan baratas que ata son gratis, e moi fáciles de conseguir en tendas, comercios e supermercados. Buscamos, pois, caixas de cartón de varios tamaños. Hoxe imos crear cadros abstractos e imaxinativos coas nosas caixas. Como traballamos con nenos e nenas pequenos buscaremos efectos moi alegres e coloristas nas caixas e nas composicións que fagamos con elas. Para evitar os tonos apagados que acostuman ter as caixas, podemos forralas con papel de cores claras como base para as composicións. Tamén pode valer o papal dos xornais. A partir de aquí todo queda nas mans da imaxinación e da capacidade de fantasía de nenos e grandes. “Pintamos cadros con caixas de cartón”.
LIÑA DIRECTA
Rosa Rivas é profesora de psicoloxía evolutiva da Universidade de Santiago de Compostela. Hoxe da resposta á seguinte cuestión: Como estimular a linguaxe dende que aparecen as primeiras palabras?
CONTRAPORTADA
Hoxe celebramos o Día dos Dereitos Humanos. “10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos”.
Autor: Redacción
Fecha: 2009-12-09 10:06:37
volver