Teatro (Programa nº 697 na TVG)


Estarán no noso programa Juan Rodríguez e Laura Sarasola, da compañía Caramuxo Teatro, compañía especializada en teatro para nenos e familias. Falaremos con eles da importancia do teatro no desenvolvemento infantil e das grandes posibilidades que ofrecen as artes escénicas para a aprendizaxe dos máis pequenos. Teatro.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Teñen todo o dereito do mundo a ser nenos, a ser nenas. Pero a miúdo presionámolos para que medren e maduren máis cedo. Iso prexudica o desenvolvemento corporal e o emocional. Teñen dereito a xogar, dereito ao benestar, dereito á liberdade, a ser respectado, a chorar, a ter oportunidades, en definitiva, nenos e nenas teñen dereito a ser felices. Os Dereitos dos Nenos e das Nenas.

XOGAR E BRINCAR

Nas casas con nenos sempre hai balóns. O balón é un dos mellores xoguetes. O balón é barato e divertido. Aporta importantes beneficios para o desenvolvemento harmónico dos nenos e das nenas. O balón entra por tódolos sentidos. é atractivo e estimulante. Axuda a desenvolver o equilibrio, a afirmar o esquema corporal, a potenciar a forza muscular e a xogar a moitos xogos. O balón sempre é benvido nos xogos dos nenos. Sen importar a cor, o tamaño ou a dureza. O balón é o noso amigo, un gran amigo de nenos e nenas. O balón, o rei dos sentidos.

LIñA DIRECTA

José María Maravall e Francesco Tonucci veñen de recibir o prestixioso Premio ao Mérito na Educación, e nós tivemos a gran sorte de ter entrevistado a este último. Por iso hoxe, dende aquí, mostramos a nosa ledicia por este galardón a este prestixioso pedagogo italiano que leva toda a súa vida loitando pola infancia. Francesco Tonucci

CONTRAPORTADA

é necesaria toda a familia para educar un neno. Para educar unha nena é necesaria a nai e tamén o pai. Tamén son necesarios os avós. Necesítase toda a veciñanza para educar as nenas e os nenos. A escola é imprescindible na educación dos nenos e das nenas. E tamén a radio, os xornais e a televisión. Todos. Todas. A tribo educa aos nenos.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 697

TíTULO: Teatro

DATA DE EMISIóN: 3 de marzo de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag