Novas tecnoloxías (Programa nº 701 na TVG)



Hai dúas semanas falabamos con Xabier San Isidro sobre como aprender e introducir unha lingua estranxeira. Hoxe falaremos con el sobre as TIC, as tecnoloxías da información e da comunicación. Queremos saber como van a afectar ás familias, á educación dos máis pequenos. Queremos que nos fale dos perigos e que debemos ter en conta á hora de seleccionar os contidos na rede. E, sobre todo, que novas oportunidades ofrece o uso das novas tecnoloxías. Novas tecnoloxías.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Educamos aos fillos para convertelos en persoas autónomas e responsables, capaces de coidar de si mesmas e dos outros. Criar un fillo implica protexelo e vixialo para que non reciba dano ningún. Pero temos que aceptar que a vida ten riscos, que non podemos pechar aos fillos para que non corran perigo ningún. Unha sobreprotección excesiva fai perigar o desenvolvemento. Agora hai moita presión para reducir os riscos, pero un exceso de supervisión é tan malo como unha carencia total dela. Non hai que perder nunca de vista que o obxectivo da educación é preparar os nenos para unha vida autónoma e responsable. Convivindo cos riscos.

A AVENTURA DE CRECER

Arrolar ao bebé é das mellores cousas que podemos facer por eles. Constitúen o mellor estímulo para darlles sensación de tranquilidade, protección e seguridade.Tódalas anainas do mundo son lentas, regulares e teñen unha melodía suave, o que provoca unha sincronización na respiración de quen as escoita, respirando ó ritmo da música. Iso fai que o corpo do bebé se relaxe e sinta tranquilidade e benestar. Escoitemos a esta avoa Arrolando ao neto. Arrolando.

XOGAR E BRINCAR

O mundo da luz, o mundo das cores ten que estar a carón dos nenos e converterse nun obxectivo de emocións e de sensacións cada vez máis finas. Cores e luz teñen que propiciar observacións e exploracións axeitadas á curiosidade e ó coñecemento dos máis pequenos. Por iso hoxe propoñemos xogar e experimentar coas cores, coa luz e coas sombras. Luz, sombras e cores.

LIñA DIRECTA

ángela Torres, psiquiatra e profesora USC contesta a unha nai preocupada. Que trastornos mentais dos nenos alertan de que a sociedade vai en dirección equivocada?

CONTRAPORTADA

Educar un fillo, unha filla é crear as condicións para que se desenvolva plenamente. é unha gran responsabilidade para os pais e para a sociedade enteira. Parentalidade positiva.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 701

TíTULO: Novas tecnoloxías

DATA DE EMISIóN: 31 de marzo de 2012

One Response to “Novas tecnoloxías (Programa nº 701 na TVG)”

  • Carmen Espiñeira:

    ¡Hola, compañeiros! alédame moito ver como seguides a traballar. Aínda así, sinto moita tristura ó non recoñecer xa o Preescolar na Casa que eu coñecín… falta xente, a esperanza cada vez é máis pequena… Espero que todos vós, os que aínda seguides no barco sexades quen de levalo a un porto seguro, que poida seguir a súa singladura fiel ó espíritu que lle deu vida, que siga reflectido a utopía que Gandoy vía realizable. Non deixedes de trabllar con ilusión e recibide un forte bico…, e os que xa tivestes que marchar, recibide a miña aperta máis garimosa. Carmen.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag