Archive for the ‘A Fundación nos medios’ Category

Preescolar na Casa en Televinte de Chantada

Nova sobre a Fundación Preescolar na Casa emitida en Televinte Chantada. Milagros Candal, funcionaria e orientadora comenta a situación actual do programa.

Preescolar na Casa no Telexornal da TVE en Galicia

A situación da Fundación Preescolar na Casa, reflexada nunha nova para o Telexornal da TVE en Galicia, que se emitirá na semana que entra. Podes ver a nova aquí. (A nova esta no 9:31 e no sumario, por se non queres ver todo o telexornal).

Preescolar na Casa en La Sexta Noticias

Un equipo de La Sexta Noticias estivo hoxe en Lugo gravando unha reportaxe sobre Preescolar na Casa. Na Casa da Cultura do Concello de Begonte, familias participantes no programa deste Concello e do de Rábade participaron na gravación. A historia e o labor da Fundación foron os puntos máis destacados polos profesionais deste medio. Esta reportaxe poderase ver nos informativos de dita cadea esta fin de semana. (Ver reportaxe).

A Fundación Preescolar na Casa, en MáS SOCIAL

A Fundación Preescolar na Casa, xunto con outras dez entidades sociais galegas, foi seleccionada para participar no programa MáS SOCIAL de fortalecemento da xestión no terceiro sector, promovido pola Fundación Barrié e a Fundación PwC. Este programa pioneiro pretende orientar ás entidades de servizos sociais galegos cara a unha dirección e unha xestión profesional economicamente sostible.

Más Social facilitará a contratación de profesionais con experiencia en xestión, captación de fondos, marketing, comunicación e recursos humanos, un por cada entidade seleccionada. (Ver noticia en La Opinión).

Os nenos e as pantallas

Enriqueta Alonso e Juan Antonio Pinto Antón, da Fundación Preescolar na Casa, charlan con Flor Robleda sobre os nenos e as pantallas no programa de Telelugo “De tarde en tarde”.

Fomento da lectura e divertimento na praia

Agora que chega o bo tempo, nais, pais, nenos e nenas participantes nos Espazos das Familas de Preescolar na Casa aproveitan para realizar distintas actividades ao longo de toda a xeografía galega. Así, na biblioteca de Ribadeo, realizáronse actividades de fomento da lectura, e está prevista para o día 21 unha convivencia no campamento infantil de A Devesa, convivencia á que acudirán as máis de 200 familias da zona que participan no programa (Ver noticia en El Progreso). (Ver noticia en La Voz de Galicia).

Realizouse tamén outra visita á biblioteca municipal de Alfoz cos mesmos obxectivos de fomento da lectura. (Ver noticia en La Voz de Galicia).

Falamos de coeducación

Falando de coeducación no programa de Telelugo “De tarde en tarde”. Enriqueta Alonso e Juan Antonio Pinto charlan con Diana López.

Xuntanzas de Convivencia en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Un ano máis, os pais, nais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias da provincia de Ourense, reuniranse nas diferentes Xuntanzas de Convivencia que se organizan en distintas comarcas desta provincia. (Ler noticia en La Región).

A primeira será este venres, día 10, en Vilariño de Conso, na área recreativa (Ver nova concreta desta xuntanza). Na semana seguinte faranse en Rioseco, no concello de Paderne de Allariz, o día 14, e o día 16, na Bola, na área recreativa de Veiga.

Haberá actividades pensadas para que compartan nenos e adultos: espazos de xogo, de contos e lectura e diversos obradoiros. A música e a reciclaxe tamén terán cabida nestas xornadas.

A intención destas xuntanzas é a de facilitar o encontro de tódalas nais, pais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias na zona, pero haberá sitio tamén para as que non participan teñan a posibilidade de coñecer o programa desenvolvido pola Fundación.

O papel dos avós na educación

Juan Antonio Pinto e Enriqueta Alonso falan no programa de Telelugo “De tarde en tarde” con Diana López sobre o papel dos avós e das avoas na educación dos máis pequenos. A presenza dos avós ao carón dos netos ten moitas vantaxes, aínda que ás veces pode traer algún pequeno inconvinte que cun pouco de sentidiño común se pode solucionar.

Sobre normas e límites

As normas e os límites son imprescindibles na vida das persoas e, por suposto, na vida dos nenos e nenas. Disto falan Enriqueta Alonso e Juan Antonio Pinto, orientadores da Fundación Preescolar na Casa con Diana López, no programa de Telelugo “De tarde en tarde”.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag