Sobre Preescolar na Casa en Galicia Dixital

Reproducimos unha editorial publicada no portal Galicia Dixital sobre Preescolar na Casa. Non podemos máis que agradecer fondamente todos estes apoios públicos cara ao noso traballo:

Nunca coidamos ter que entonar un canto fúnebre por unha iniciativa como “Preescolar na casa”, nacida en terras de Lugo pola ilusión do “crego da bicicleta”, Antonio Gandoy, para dar solución á educación dos máis novos dos galegos, no seu mesmo fogar, nunha Galicia diseminada que require tratamento especial por esa lonxanía que só se mitiga coas novas tecnoloxías, e con iniciativas coma esta.

Foron moitos anos de loita e de triunfos, silenciosos ou silenciados. Dos que eran especialmente sabedores todos os implicados no proceso lento, longo, de formación dos pequenos, atendidos por especialistas en educación e, sobre todo, formados polos seus propios pais – especialmente as náis- preparados para tan particular papel.

Dificultades hóuboas sempre, pero as axudas foron aparecendo, mal que ben, dependendo dos ventos que soplasen nos montes económicos deste país. Ata que agora mesmo, neste vendaval que nos asola, Preescolar ve mermado tan sustancialmente o apoio económico que precisa que vai abandonar o seu plan de traballo e retirarse a uns cuarteis de inverno que nunca tivo porque nunca pensou que a súa traxectoria podería cortarse.

Prevese a retirada de Preescolar na Casa para finais deste mes. E lamentando tan doroso perda, non queremos aínda facernos á idea, confiando en que aínda sexa posible o milagro da resurrección antes da consunción. A fin de contas, o seu fundador foi un crego que moitos teñen por santo, que posiblemente cría nos milagros, especialmente traballando para conseguilos. Nós, tamén cremos, agardamos por un milagro que permita manter con vida “Preescolar na casa”.

(Ver Editorial en Galicia Dixital)

2 Responses to “Sobre Preescolar na Casa en Galicia Dixital”

  • Eva Rivas:

    Como nai que teño o enorme privilexio de ser partícipe do programa Preescolar na Casa non podo admitir que este espazo de crecemento para pais e nenos se dea por rematado. Seguramente aqueles que teñen nas súas mans a continuidade do mesmo non tiveron a oportunidade de ver o sorriso dos nenos que acoden a él, nin a tranquilidade que a nós, os pais, nos da compartir experiencas e recibir apoio na increíble, excitante e enorme responsabilidade de educar ós nosos fillos.
    Porque se sí coñecen o que o programa significa e aínda así teñen a ousadía de rematar con él… cómpre previrse.
    Quero rematar dándolle as gracias a Chus Villasante a nosa orientadora por todo o que nos axudou a aprender reflexionando e por ternos ensinado cómo educar con amor.
    Gracias.

  • María Rodríguez:

    Esto es una pésima noticia para mí y para mis hijas. Se acaba el “cole chuli” como lo llamaba mi hija mayor, y vamos a quedar en el más cruel desamparo. Por qué? A nuestros políticos no les parece importante el apoyo a las familias, que la educación es un punto secundario en la recuperación de este país. Que si las familias necesitamos un punto de encuentro, de apoyo tanto pedagógico como psicológico, rasquemos nuestros bolsillos y acudamos a terapeutas. Pero lo más triste es que ningún terapeuta nos dará, por mucho que paguemos lo que nos ha dado, aportado, regalado, Preescolar na Casa. Soy mejor madre, y mi marido, a pesar de no asistir él personalmente, es mejor padre, gracias a este programa. Preescolar en casa me ha dado serenidad, me ha hecho ver a mis hijas con otros ojos, me ha acercado a ellas. Me ha ayudado a conocer gente y a mis hijas tener amigas. Me ha enseñado a jugar con mis hijas.
    Cómo les explico a mis pequeñas que ya no habrá más “cole chuli”, al que se volvía locas sólo al ver el edificio por fuera! Que cada vez que pasábamos por él, mi hija me tiraba del brazo y me decía “mamá, vamos al cole!”, y yo le tenía que explicar que ese día no había. Es muy triste y al ayer al conocer la noticia no lo podía comprender. En fin, muchas gracias a todas las monitoras que hicieron que mi vida fuera más fácil, más dulce y más feliz!

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag