Bilingüismo (Programa nº 691 na TVG)


Falamos de bilingüismo, unha riqueza da que poden gozar os nenos e nenas da nosa comunidade. O feito de coñecer dous ou máis idiomas facilita as aprendizaxes doutros novos. Teremos connosco no programa a Antón Cortizas, mestre e escritor, para falarnos disto. Bilingüismo.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Hai que insistir na importancia que pais e nais teñen na educación dos fillos. ás veces non teñen moi clara a nosa actuación. Por un lado dicímoslles que os queremos, por outro rifámoslles. Para tratar de explicarlles ás nais, aos pais, o noso papel, recordamos unhas palabras de Mercé Company, escritora e xornalista. Din así: “Para facer de pai e de nai non abonda con querer o neno. Facer de pai e de nai é limpa-los mocos. é anoa-los amallós e aprenderlle a face-la lazada. é preme-la súa man cando non dá feito as cacolas. é poñerlle o termómetro cando está maliño…”. Tempo de pai, tempo de nai.

A AVENTURA DE CRECER

A saúde dos fillos é unha prioridade para os pais e para as persoas que viven con eles. Vixiala é importante. Dentro desta vixianza, está a hixiene e o coidado da boca e dos dentes. A dentición representa un dos indicios máis evidentes da maduración física do neno. Este proceso non rematará ata os 24–30 meses, cando aparecen os segundos molares, completándose así tódalas pezas dentais. A aparición do primeiro dente, entre os 6 e os 12 meses, é un dos acontecementos máis celebrados do primeiro ano de vida do bebé. Os primeiros dentes do bebé.

XOGAR E BRINCAR

O papel da familia é decisivo á hora de proporcionar aos fillos xogos e xoguetes con estímulos que fagan que o desenvolvemento se leve a cabo de maneira satisfactoria. Hoxe propoñeremos xogos que non precisan de grandes preparativos nin materiais. Con materiais que atoparemos nada máis abrir a porta da casa. Só precisamos isto. Unhas cantas pedras para lanzar. Hoxe xogaremos a afinar a puntería, adestrando movementos corporais como inclinarse, axeonllarse ou lanzar, sen esquecernos da organización espacial. Nenos e nenas sempre tiraron pedras ao longo da historia. Ata estes últimos anos, ata eran os únicos xoguetes que tiñan. E gozaban. E aprendían… Puntería no chan.

LIñA DIRECTA

Patricia Vázquez, xinecóloga, dá resposta a unha pregunta que chegou ao programa: porque está a muller máis sensible durante o embarazo?

CONTRAPORTADA

Todos os nenos, todas as nenas, todas as persoas, somos diferentes. Cada un coas súas potencialidades, coas súas virtudes e cos seus defectos. Pero todos somos necesarios. Desfile de modelos.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 691

TíTULO: Bilingüismo

DATA DE EMISIóN: 21 de xaneiro de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag