10 anos sen Antonio Gandoy (Programa nº 694 na TVG)


Preescolar na Casa non tería sentido e mesmo non existiría sen a figura de Antonio Gandoy, o seu fundador e alma máter ata o seu pasamento no ano 2002. Nestes tempos de incerteza e de crise, cómpre lembrar a súa figura para decatarnos de que o seu pensamento está plenamente vixente. Antonio Gandoy, o crego da bicicleta, como era coñecido en Lugo, foi un home que dedicou toda a súa vida a tentar mellorar a vida dos demais.
A idea de Preescolar na Casa nace das súas reflexións aló nos comezos dos anos 70 sobre o retraso escolar evidente que padecían os nenos e nenas do rural galego. Preescolar na Casa, que naceu como unha utopía realizable e irrenunciable grazas ao traballo e ao pensamento de Antonio Gandoy, está hoxe a ser un referente noutras comunidades e noutros países: un exemplo de programas de parentalidade positiva que se están a poñer en marcha en países tan diferentes como Ecuador ou o Reino Unido.
O mundo educativo en xeral, e Galicia en particular, están en débeda con este home xeneroso, paradigma de compromiso e bo facer. Morreu hai 10 anos, pero nunca morrerá nos nosos corazóns. O programa de hoxe é unha homenaxe a súa memoria.
PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 694
TíTULO: 10 anos sen Antonio Gandoy
DATA DE EMISIóN: 11 de febreiro de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag