Carta dunha nai

Os 34 anos da existencia de “Preescolar na casa” fan que, aquel ambicioso proxecto levado a cabo na nosa terra, superara tódalas probas de esforzo proxectadas nos seus principios.

Hoxe, 25 de outubro de 2011, somos testemuña os reunidos, os que trememos ante a decapitación, executada pola propia Xunta,deste proxecto educativo.

Se o meu fillo Martiño, de 30 meses de vida, tivese hoxe a capacidade de expresar o que sinte diría: “Mamá, eu teño o Dereito a que se me respete tal e como son, a desenvolver a miña personalidade e a vivir conforme a miñas crenzas e tradicións”.

Isto é o que se chama “Identidade Propia”.

Esta identidade lógrase con outro Dereito fundamental: A EDUCACIóN. Este é un termo complexo. Educación é dereito a aprender, a convivir, a ser mellor, a xogar, a recibir atención e tratos non discriminados; é participar en reunións e recibir a información adecuada. é participar.

Todo isto fai que un neno acade o desenvolvemento persoal e emocional adecuado para que non sexa vulnerable ante a sociedade.

Para a miña persoa e para moitas máis nais e pais da nosa terra a educación comeza con “PREESCOLAR NA CASA”. Un saúdo de Sara.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag