Posts Tagged ‘Preescolar na Casa’

Xornadas sobre Parentalidade Positiva: falta Preescolar na Casa

Durante os días 9 e 10 de outubro terán lugar en Madrid as IV Xornadas sobre Parentalidade Positiva, organizadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, onde se tratará de buscar as respostas máis axeitadas ante os diversos contextos que condicionan o exercicio das responsabilidades de coidado, educación e crianza dos fillos.

As necesidades de apoio a nais e pais cada vez son máis fortes. De aí a importancia de identificar e difundir as mellores prácticas en materia de servizos e programas de apoio parental. Así, expertos nacionais e internacionais, responsables de programas, técnicos e investigadores con recoñecido prestixio e experiencia nestes ámbitos daranse cita en Madrid nestes días, cos obxectivos de difundir experiencias e prácticas exitosas en materia de apoio á parentalidade positiva.

Trátase dun foro no que en condicións normais estaría presente Preescolar na Casa, programa pioneiro en parentalidade positiva. Constátase unha vez máis que o traballo que viñamos desenvolvendo ía polo bo camiño, e que mentres que noutros lugares tentase poñer en marcha iniciativas como esta, aquí déixase morrer.

(Tedes máis información picando aquí)

Educación no rural

A seguinte carta foi publicada no diario El Progreso o 21 de setembro de 2012. Damos o noso agradecemento unha vez máis a todas as persoas e institucións que fixeron público o seu apoio a Preescolar na Casa.

Neste comenzo de curso as familias do rural galego asisten entre perplexas e indignadas a un recorte salvaxe do ensino de infantil e primaria, porque parece ser que o ensino no rural sae moi caro para Galicia. Así a Consellería de Educación sí parece ter cartos para dar 3 millóns de euros a moi determinados colexios privados con separación de sexos nas aulas, a pesar da sentenza xudicial en contra, pero non hai cartos para paliar o efecto dominó de peches de escolas unitarias (ata 40 escolas unitarias e supresión de 54 mestres só na provincia de Lugo).

E se buscan solucións para integrar na estrutura da Consellería de Educación, a unha Fundación que leva o nome dun Premio Nobel Galego, despois dunha vergoñenta traxectoria de desfalcos e escándalos económicos. Pero non atoparon medios de salvar Preescolar na Casa, que tería necesitado 250.000 euros de fondos propios da Xunta, que coa financiación de fondos da UE, tería permitido este curso a continuidade de asistencia a máis de 3500 nenos de familias do rural galego, e a continuidade de 32 postos de traballo, algúns con máis de 20 anos de antigüidade.

Forzar o abandono no rural galego por parte das familias pechándolles servizos fundamentais, nin nos vai sacar de ningunha crise, nin nos vai aforrar cartos. Canto vai custar manter o 80% do territorio galego, cando non haxa poboación para xestionalo? Canto vai custar cando xa non haxa agricultores e gandeiros no noso rural, non contar con produción de alimentos no campo galego, si xa agora os galegos temos un déficit de 600 millóns de euros ao ano, entre os alimentos que producimos en Galicia e aqueles que consumimos? Canto máis vai custar protexer o monte dos lumes, cando non haxa prados, pastos e cultivos que fagan de cortalumes naturais? Canto vai custar a ruína do  noso patrimonio arquitectónico, histórico e cultural se non queda quen o habite e coide?

Unha praza nunha escola rural, non ten porque ser máis cara que unha nun entorno urbano, si se emprgan os fondos europeos para desenvolvemento rural e cohesión económica e social da Unión Europea. Pero para iso primeiro de nada hai que querer e logo saber.

Manter un ensino de calidade no rural galego non é caro para a nosa sociedade. Dar por boas políticas antisociais e irresponsables, sí pode saír caro.

Verónica Marcos (UU.AA) Lugo

Corren tempos de cambio… (Preescolar na Casa en “Al cole de la mano”)

Publicamos aquí unha entrada no blog “Al cole de la mano” referente a Preescolar na Casa. Este blog está ideado como un espazo de intercambio de ideas, reflexións, experiencias e opinións entre persoas implicadas na educación nas primeiras idades. Nunca nos cansaremos de sorprendernos e de agradecer as moitas mostras públicas de apoio ao noso traballo. Iso é o que nos queda.

Corren tiempos de cambio y no siempre para bien en ésto de la educación. Lo que genéricamente conocemos como recortes tiene una concreción diferente en cada comunidad autónoma, en cada tramo educativo e incluso en cada centro. Escribir hoy sobre el cese de las actividades de ”Preescolar na casa” responde al gran valor que este programa tiene por su caracter singular y por el ámplio reconocimiento que ha tenido dentro y fuera de España.
Cada territorio del estado tiene, como es bien sabido, unas necesidades distintas en relación con la prestación de los servicios educativos. En Galicia, a la presencia de dos lenguas en contacto, se une la dispersión territorial como característica más destacada, lo que supone una dificultad en todos los niveles educativos, pero especialmente en la etapa infantil, por la dificultad de desplazar a criaturas tan pequeñas además de la consideración de no obligatoria que tiene esta etapa. Ante la constatación de que ésto podía suponer una desventaja para los preescolares de las zonas rurales, nació en la década de los 70 la iniciativa “Preescolar na casa”. Básicamente consistió, durante los 35 años que estuvo vigente, en la presencia en las aldeas de educadores y orientadores que asesoraban a las familias, les ofrecían propuestas, materiales, y realizaban un seguimiento, de manera que los pequeños podían, en su propio ambiente, alcanzar los objetivos educativos propios de la etapa de Educación Infantil.
Como podemos observar, el programa se ha basado en la confianza en las familias como agentes educativos, en la relación de las criaturas con su propio ambiente y en el criterio de equidad en el acceso a la educación. Si a ésto le unimos el bajo coste del proyecto, que el curso pasado estuvo alrededor de los 500.000 euros, aún se entiende menos la decisión de eliminar sus actividades.
La sociedad y los hogares han cambiado mucho, y es cierto que en la actualidad las familias cuentan con nuevos medios a su alcance, incluidas las tecnologías de la información y la comunicación. De hecho el “Preescolar na casa” se venía sirviendo de ellas con éxito. Pero sin la sistematización, intencionalidad y seguimiento por parte de profesionales, nos faltarán garantías sobre las condiciones en las que van a partir los alumnos del medio rural cuando se incorporen a la enseñanza obligatoria.
Felicidades a los Profesionales y las familias que, durante más de tres décadas, han hecho realidad el proyecto. Ha sido un trabajo excelente, y se os echará en falta.

 (Ver a entrada no blog “Al cole de la mano)

Sentindo a ausencia

¿Qué importa, irmán, que morra a pomba se deixa os seus pombiños a voar? (Darío Xohán Cabana)

Nestes días nos que en Preescolar na Casa deberíamos estar preparando o comezo de curso…, estamos noutras. Estamos noutras

Sentindo a ausencia Marisol Fdez Rocha

Sentindo a ausencia Marisol Fdez Rocha

circunstancias ben diferentes ó que tantos e tantas quixeramos. Serán moitas as familias, pais, nais, nenos, nenas, avós, avoas… que nos boten en falta. Tamén nós botamos en falta estar entregados á preparación do curso e, aínda que haberá outros momentos para facer un amplo reconto, non podo deixar pasar estas datas sen dirixirme a todos e todas os que dunha maneira ou doutra sintades a ausencia da presenza deses espazos das familias nos que tanto vós –pais, nais, avós, nenos e nenas- tivestes a oportunidade de compartir xogos, reflexións, inquedanzas… e tantas e tantas experiencias difíciles de describir.

Non interesa que o programa Preescolar na Casa teña demostrado que “os primeiros anos son decisivos na formación da persoa adulta”; si, son decisivos porque sodes moitos e moitas os que como pais e nais o tedes comprobado, “que os nenos non agardan”; si, sabemos que a estimulación axeitada e no momento axeitado vai marcando o desenvolvemento de cada neno e de cada nena; “os pais son imprescindibles no proceso educativo” si, e nos primeiros anos non só sodes indispensables, senón que sodes imprescindibles.

Imprescindibles, porque non hai absolutamente ningunha institución que poida suplir a vosa presenza e relación co neno/a na súa propia individualidade. Outra cousa é que as condicións de traballo e as posibilidades de cadaquén aboquen a ter que facer unha escolarización temperá. Pero iso non é o que o neno/a precisan. Todo ten o seu tempo e a construción do apego-desapego ten un tempo para facerse, un tempo no que se constrúe o cerne do ser.

O programa Preescolar na Casa demostrou que se pode confiar nos pais como axentes educativos, e que esa confianza depositada neles, aumenta a súa estima persoal e séntense implicados no exercicio dunha maternidade e paternidade positiva, sabendo que nos primeiros anos se está a conformar o ser dese ser que trouxeron á vida.

O programa Preescolar na Casa explicou con feitos o significado das palabras compensar desigualdades. Igualmente respectou e valorou a nosa cultura, a cultura autóctona, a propia, a nosa; abertos ó mundo desde o que somos e non negando o que somos. E isto fíxose así con tan só partir do contorno social e natural como primeira fonte das aprendizaxes infantís, ideando actividades formativas utilizando os recursos propios e próximos.

O programa Preescolar na Casa foi, como sabedes os que nel participastes, un exemplo cotián de práctica democrática. Non é fácil, amigos e amigas, ver esmorecer, un a un, tantos logros conseguidos con tantos e tantos esforzos. Pero… como ben dixo Darío Xohán Cabana: “¿Qué importa que nos maten se deixamos semente de mencer?”.

Con tanto agarimo como sempre soubestes acoller a quen chegou onda vós como “de Preescolar na Casa”.

Marisol Fernández Rocha (Presidenta da Fundación Preescolar na Casa)

(Publicado no diario El Progreso o 9 de setembro de 2012)

Agresión total a unha educación galega innovadora (e dicimos Preescolar na Casa)

Reproducimos aquí un artigo de opinión sobre Preescolar na Casa de David Otero, mestre e escritor, publicado en Galicia Dixital (podes ver o artigo aquí). Nunca nos cansaremos de agradecer todas as mostras de apoio que nos chegan día a día. Grazas a todos e todas.

A verdade é que o deste goberno en Galicia non ten nome. Queren que arda a casa e que non se vexa o lume. E iso é imposible. Pois quen moito se baixan, coma eles, véselles.
Calquera dos da casa grande, por seren conselleiras ou conselleiros, collen e póñense a falar de todo sen a menor medida. En ben das veces con chulería e chegan ao discurso da humillación. Deberían conterse ( que iso é respectar) que hai que ver como nos tocan a pabana.Non dan case unha. Pero non se cortan un pelo.Dan carrete a farto como facendo ver que antes deles…ninguén. Chegaron e din que puxeron as fontes limpas.E dígolles que mal, que ter esperanza en que tomen a cousa como é debido será como agardar a que Read the rest of this entry »

Indignación ante o cese das actividades de Preescolar na Casa

Reproducimos a editorial que a prestixiosa revista educativa Aula de Infantil dedica a Preescolar na Casa neste último número de setembro. Agradecemos de novo todas as mostras de apoio que estamos a recibir. Así mesmo, co motivo do inicio de curso, e como viña sendo habitual nestes anos, son moitas as solicitudes de familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos que chegan a Preescolar na Casa para participar nas actividades que esta Fundación desenvolvía ao longo do ano. Estas solicitudes transfórmanse en indignación e incredulidade ante a resposta de que este curso non se van levar a cabo, por falta de recursos económicos ao ser retiradas as axudas que se viñan concedendo por parte da administración.

Indignación ante el cese de las actividades de Preescolar na Casa

Portada Aula de Infantil 67

EDITORIAL

El programa gallego Preescolar na Casa, nacido en 1977, que solo este curso atendió a casi 4.000 familias gallegas repartidas en 267 ayuntamientos, deja de funcionar debido a la retirada de la ayuda autonómica de 500.000 euros anuales. Familias y orientadores se daban cita en más de 500 espacios educativos para compartir y entender las necesidades de sus hijos.

No ha importado que el éxito educativo de este programa sea incuestionable, que haya recibido múltiples premios internacionales, que el apoyo ciudadano sea masivo. No importa que a partir de ahora, en amplias zonas, este sector de población, infantil y rural, quede desatendido.

Es increíble que quede sin financiación un programa como Preescolar na Casa, a pesar de llevar 35 años trabajando con una utilidad contrastada, sin una mancha en su gestión y con miles de usuarios a lo largo de los años. El cierre de estos servicios es un atentado a la equidad.

Además de mostrar nuestra indignación, queremos también expresar nuestro agradecimiento.

Gracias, Preescolar na Casa, por haber demostrado la importancia de la educación desde los primeros años de vida de las personas, por confiar en los padres como primeros agentes educativos, por intentar que las condiciones de vida en las familias sean lo más adecuadas para los niños y las niñas más pequeños.

Gracias por explicar con hechos el significado de las palabras compensar desigualdades.

Gracias por respetar y valorar la cultura autóctona del campo gallego, por partir del entorno social y natural como primera fuente de los aprendizajes infantiles, por idear actividades formativas para los niños utilizando los recursos de la zona.

Gracias por idear una intervención educativa basada en desplazamientos de los educadores a las casas familiares, por crear pequeñas sedes locales, con los pies siempre en el suelo, sin despegarse de la realidad, pero intentando mejorarla, respetando y potenciando la cultura de todos.

Gracias por practicar la democracia.

Gracias por inventar recursos, como la televisión educativa, los programas de radio, la revista, los materiales impresos, los juegos, la selección de objetos cotidianos.

Gracias por vuestra investigación y búsqueda continua, por vuestras reflexiones y aportaciones.

Aunque ahora se detenga, el Preescolar na Casa de Galicia ya forma parte de la historia de la pedagogía y de la lucha por la equidad.

Aula de Infantil | núm. 67 | septiembre 2012 | 4

Recoñecemento da Associació de Mestres Rosa Sensat a Preescolar na Casa

A Associació de Mestres Rosa Sensat, editora da revista educativa IN-FAN-CIA, enviounos este mail no momento en que solicitamos a baixa desta prestixiosa publicación educativa. Agradecemos a Irene Balaguer e aos seus colaboradores este correo, sendo como foron e son para nós referentes polo seu traballo e a súa innovación dentro do mundo educativo.

“Cuando algún suscriptor se da de baja de la revista, siempre tenemos tendencia a pensar en qué nos habremos equivocado. Pero un correo como el vuestro, nos produce una enorme tristeza, pues como sabes desde los inicio de Preescolar Na Casa y Rosa Sensat han tenido una estrecha vinculación. En consecuencia, es para todos nosotros una triste noticia saber que vuestro trabajo tan dilatado en el tiempo, enraizado profundamente en la realidad rural de Galicia, de tanta cualidad pedagógica y social se vea obligado a finalizar. Recordad que siempre que os sea necesario podeis contar con nosotros y que Rosa Sensat es vuestra casa. Un fuerte abrazo a todas y todos los amigos y compañeros de Preescolar Na Casa. Irene Balaguer”

A Federación Rural Galega con Preescolar na Casa

PnCFRUGAnaVozdeGalicia

PnCFRUGAnaVozdeGalicia

A Federación Rural Galega (FRUGA) pide á Xunta de Galicia que repoña Preescolar na Casa, e que “repoña os servizos públicos educativos do rural para así manter a igualdade de oportunidades de todos os galegos, independentemente do seu lugar de residencia”. Agradecemos á Federación Rural Galega esta mostra de apoio e consideración polo noso traballo de todos estes anos.

Atención Educativa en Casa, un Preescolar na Casa en Tierra de Campos

No pasado xuño clausuráronse en Tordehumos (Valladolid) as sesión do programa de “Atención Educativa en Casa”, sesións que se levaron a cabo en once concellos de Palencia e Valladolid cun gran éxito. Este programa consiste en sesiós de formación de familias cos seus nenos e nenas nun local nas que se realizan actividades propias do currículum infantil, ao mesmo tempo que se proporciona ás familias diferentes contidos deste currículum.para que os traballen na casa. Vemos así unha vez máis que o modelo educativo do que Preescolar na Casa foi pioneiro segue a ter plena vixencia e, que mentras noutros lugares se está a poñer en marcha, aquí déixase morrer.

(Ver nova publicada na revista entretodoCas)

Dous artigos onde se cita a Preescolar na Casa

Deixamos aquí dous artigos de Juan Antonio Pinto Antón publicados no diario El Progreso de Lugo onde se cita a Preescolar na Casa, o segundo publicado no día de hoxe:

Ter un fillo é un luxo

A culpa é do vento

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag