Posts Tagged ‘formación’

Preescolar na Casa imparte cursos de formación para persoal de escolas infantís

“Atención á diversidade: comunicación coas familias” e “Aproveitamento dos recursos: estratexias e destrezas para a construción de material didáctico para o 0-3″, son os cursos que persoal da Fundación Preescolar na Casa impartirá dentro do Plan de Formación continua dos profesionais das escolas infantís 0-3. Desenvolveranse neste último trimestre do ano en distintos puntos de Galicia e están organizados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

“Apoio educativo ás familias” con David Pernas (Compañía do Trinke Trinke), no Cefore de A Coruña

Relatorio de David Pernas

Relatorio de David Pernas

Durante o curso 2010/2011 as orientadoras da Zona Coruña Norte da Fundación Preescolar na Casa participan nun Grupo de Traballo a través do Cefore de A Coruña que leva como título “Apoio educativo ás familias”, co fin de afondar na preparación dos Espazos das Familias tentando mellorar non só os contidos dos mesmos senón tamén a metodoloxía empregada nesas sesións.

Para iso, o pasado venres día 24 de Marzo contaron coa presenza de David Pernas, compoñente da Compañía do Trinke Trinke, que nunha sesión fundamentalmente práctica amousoulles diversos aspectos a ter en conta á hora de contar contos.

Dende a Fundación Preescolar na Casa sabemos que os contos teñen un grande valor educativo por tódolos recursos que ofrecen, poñendo en valor os ámbitos de desenvolvemento dos nenos e nenas: o psicomotor, o afectivo, o cognitivo, o lingüístico…; ademais de axudar aos máis pequenos a coñecer o mundo que os rodea.

Grupo de Traballo Interautonómico de Parentalidade Positiva

A experiencia da Fundación Preescolar na Casa de máis de 30 anos orientando ás familias co fin de axudalas a exercer a súa paternidade, a súa maternidade de forma positiva, foi presentada no Grupo de Trabajo Interautonómico de Parentalidad Positiva o pasado 23 de febreiro, en Madrid.

Read the rest of this entry »

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

A Fundación Preescolar na Casa, a Fundación SM e a Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo-USC, organizan estas primeiras xornadas coas que, baixo o título Unha mirada á primeira infancia, se inicia un ciclo de debate centrado nos primeiros anos  que se pretende teña continuidade noutras xornadas que abordarán as etapas da infancia (6-12) e adolescencia (12-16).

Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, por ser a base da educación e desenvolvemento das persoas.

Como se concreta no Programa Unha mirada á primeira infancia, faremos unha análise da resposta que estamos dando ás necesidades dos nenos, a nivel global (políticas de infancia) e desde contextos particulares (familia, escola, comunidade); queremos elaborar unha visión da infancia desde as súas necesidades e as súas competencias, que nos leven a definir e comprender modos de intervención acordes coas mesmas, e respectuosos coas distintas realidades actuais (inmigración, novas tipoloxías familiares,…). 

As persoas interesadas nesta temática poden inscribirse a partir do día 4 de febreiro a través da páxina web da Fundación Santa María.

Ver reseña na Revista Galega do Ensino, EDUGA, editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Preescolar na Casa a prol da integración

(Ver noticia en La Voz de Galicia). A Fundación Preescolar na Casa ten como misión difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa familiar promovendo espazos educativos nos que se acompaña á familia na aventura de crecer e no desafío de educar. Con este obxectivo, as orientadoras e orientadores participan mañá venres nunha xornada formativa na que intervirán José Manuel Pérez Folgueira –membro da Asociación Lucense de Promoción e Integración Xitana- e Saray Durán Gato –da ONG Ecos do Sur. Os relatorios afondarán nas características culturais destes colectivos e nos prexuízos e dificultades que afectan ás familias na súa tarefa educadora. As conclusións da xornada servirán Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag