Posts Tagged ‘escola’
A escola hoxe, con Tonucci (Programa nº 710 na TVG)
Neste último programa do curso volve a estar connosco Francesco Tonucci, mestre, pedagogo, escritor e debuxante recoñecido a nivel mundial. Aproveitando a súa presenza no XI Encontro de Familia e Escola, falamos con el de nenos, de familia, de sociedade e de educación. Na entrevista de hoxe centrámonos no papel da escola de hoxe, nunha conversa máis que interesante. A visión da infancia e da educación de Tonucci están moi próximas ás que temos en Preescolar na Casa. Tonucci é un lúcido pedagogo que analiza a infancia e ensina a Read the rest of this entry »
Preparándonos para a entrada na escola
Nenos, nenas, pais e nais dos Espazos das Familias de Preescolar na Casa achéganse ata a escola, para preparar ese paso tan importante e ás veces tan traumático que é a chegada de setembro cando os fillos teñen que incorporarse á escola por primeira vez. Trátase esta dunha actividade que a Fundación Preescolar na Casa ven facendo sistematicamente nos meses de maio e xuño.
Favorecendo o achegamento das familias á escola
Durante esta primeira quincena de xuño, moitos dos nais, pais, nenos e nenas
participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa de distintas zonas de Galicia que se van incorporar á escola, están a realizar visitas aos distintos centros escolares onde se incorporarán no próximo mes de setembro. Trátase dunha actividade enriquecedora e positiva, moi valorada polas familias e polas propias institucións educativas, que ven nela un xeito de facilitar o período de adaptación, a convivencia na escola e a futura colaboración das familias. (Ao cole por primera vez (Fichas PnC “A aventura de crecer…”) )
A entrada na escola supón para os nenos e as nenas un paso decisivo. Comeza a escolaridade, que vai estar presente nas súas vidas cando menos ata os dezaseis anos.
Demasiados anos como para vivilos dun xeito negativo, polo que tanto pais e nais, coma mestres, mestras e institucións educativas en xeral debemos facer un esforzo para que esta etapa vital sexa vivida da mellor Read the rest of this entry »
I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia
A Fundación Preescolar na Casa, a Fundación SM e a Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo-USC, organizan estas primeiras xornadas coas que, baixo o título Unha mirada á primeira infancia, se inicia un ciclo de debate centrado nos primeiros anos que se pretende teña continuidade noutras xornadas que abordarán as etapas da infancia (6-12) e adolescencia (12-16).
Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, por ser a base da educación e desenvolvemento das persoas.
Como se concreta no Programa Unha mirada á primeira infancia, faremos unha análise da resposta que estamos dando ás necesidades dos nenos, a nivel global (políticas de infancia) e desde contextos particulares (familia, escola, comunidade); queremos elaborar unha visión da infancia desde as súas necesidades e as súas competencias, que nos leven a definir e comprender modos de intervención acordes coas mesmas, e respectuosos coas distintas realidades actuais (inmigración, novas tipoloxías familiares,…).
As persoas interesadas nesta temática poden inscribirse a partir do día 4 de febreiro a través da páxina web da Fundación Santa María.
Ver reseña na Revista Galega do Ensino, EDUGA, editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.