Posts Tagged ‘escenarios educativos’

Castañas, landras, noces…

No Outono (PnC)

No Outono (PnC)

Benquerido/a amigo/a. Se acabas de ler este saúdo, segue a ler. Isto vai para ti. Estamos no día 9 de outubro do 2012. Entre as novas que sobresaen no territorio galego está, para moitos e moitas, a ausencia do programa Preescolar na Casa. Fixádevos ben que digo “a ausencia do programa Preescolar na Casa” porque o que é Preescolar na Casa, segue viva, tan viva coma sempre. Fixástesvos que mudei de xénero? A ver se volo sei explicar.

O primeiro que quero contarvos é que  o programa de axuda aos pais do rural que tiñan nenos e nenas en idade preescolar e que nacía no ano 1977, nace sen nome; quero dicir que primeiro se pensa na necesidade de facer algo, -de  intervir educativamente no rural para suplir a falta de unidades de preescolar-  e despois vaise concretando o que, o como e o cando. E cando isto se vai solventando – o que, o como e o cando- nace unha maneira de facer, nace un programa, ao que hai que poñerlle un  nome. Entre as diferentes opcións queda o de “Preescolar na Casa”.

Co tempo fomos vendo que á hora de explicar que era Preescolar na Casa, había –como pasa con case todo- varias opcións. Unha desas opcións é, precisamente,  a que me permite afirmar que “o programa Preescolar na Casa non está pero que Preescolar na Casa segue viva”.

Velaí a explicación. Preescolar na Casa é a acción educativa desenvolvida na casa polos pais, pola familia, antes de que o neno, a nena, asistan a un centro educativo .

E que vos quero dicir con isto? Que segue a ser certo aquilo de que “O saber, as raíces ten na casa de cadaquén” e que “o bo educador non é o que ensina moito senón o que crea as mellores condicións para que o neno Read the rest of this entry »

Estilos educativos e prácticas parentais

Este venres día 24 de febreiro tivo lugar en Lugo unha xornada de formación do equipo de orientadores e orientadoras de Preescolar na Casa, co título de “Estilos educativos e practicas parentais”.
Ao longo da mañá, reflexionouse sobre actitudes e comportamentos parentais, e a súa influencia no desenvolvemento dos nenos e nenas. Tamén se incidiu en coñecer a influencia de diferentes factores relacionados cos nenos e os seus proxenitores nos estilos e comportamentos parentais.
Olaia González Díaz, psicóloga e orientadora da Fundación Preescolar na Casa fixo a exposición sobre o tema que deu lugar ao posterior debate.

Xornada Estilos Educativos

Xornada Estilos Educativos

Fomentar a lectura (Programa nº 696 na TVG)


No programa desta semana falaremos da importancia de fomentar a lectura nos máis pequenos. A lectura é un instrumento imprescindible para crear persoas libres e críticas, e isto débese fomentar xa nos primeiros anos e dende a familia. Estará connosco Elena Pernas, directora da Rede de Bibliotecas de A Coruña, para falar sobre o tema e para contar a morea de actividades que desenvolven. Fomentar a lectura. Read the rest of this entry »

Aproveitamento educativo da natureza (Programa nº 690 na TVG)


Comezamos un novo ano falando do aproveitamento educativo da natureza, nesta resaca consumista provocada polo Nadal, falamos do aproveitamento educativo da natureza, con Antón Cortizas, mestre, escritor e apaixonado buscador de e recuperador de brinquedos e de xogos de antes. Con teste xoguetes, os nenos potencian a creatividade e a imaxinación, coñecen a natureza e, en definitiva, desenvolven a súa Read the rest of this entry »

Yo también fui niña Preescolar

Reproducimos un texto que saíu publicado no día de hoxe en El Progreso (podes velo picando aquí). De verdade, estas son as cousas que nos dan ánimos para continuar:

La cita era los jueves. Cada quince días, Luis llegaba al teleclub de Baltar y nos hacía felices durante unas dos horas. No es que el resto del tiempo no lo fuéramos, pero entre los recuerdos de niñez esos sobresalen por encima de muchos otros. Era la forma de jugar con otros niños en una parroquia sin problemas de comunicación -terrestre, porque de telefonía o de internet todavía los sigue teniendo hoy pese a estar en plena Chaira-, pero donde no había mucha oportunidad de compartir tiempo con otra gente menuda, al menos hasta que te escolarizaban. Como en la mayoría de las parroquias, las casas están más bien dispersas y las familias tenían demasiado en Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa e o seu impacto na sociedade rural galega

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) solidarízase con Preescolar na Casa. Un apoio máis dos moitos que fan que nos emocionemos vendo que o noso traballo non vai desencamiñado. Agradecemos fondamente este apoio:

“Para as educadoras familiares que comezamos a traballar nos Servizos Sociais dos concellos rurais de Galicia á finais dos anos 90 foi un impacto coñecer o programa Preescolar na Casa, sobre todo para aquelas educadoras que proviñamos de medios urbanos e nunca houberamos imaxinado o que significaba traballar en intervención familiar e socioeducativa no medio rural: facer quilómetros por carreteras de montaña para chegar os lugares dos domicilios ou centros sociais, xeralmente con condicións climatolóxicas pouco favorables, habilitar os lugares dispoñibles para o traballo comunitario, mobilizar o tecido educativo, sanitario, político e social para difundir o traballo preventivo e a necesidade de crear redes e grupos de familias interesadas na educación e nas relacións de parentalidade positiva, etc. Todo isto e moito máis o viñan facendo as persoas educadoras de Preescolar na Casa que se desplazaban todos os días polas catro provincias galegas para crear espazos de encontro entre as familias, favorecer e educar nas relacións cos fillos/as ou netos/as, en fin promover nos pais, nais, avós e avoas a función educadora da familia e potenciar a importancia das redes sociais.

A importancia do programa Preescolar na Casa baséase nese acercamento do persoal educativo aos lugares máis illados da nosa xeografía e no traballo que fan potenciando a labor educativa das familias, por iso as súas funcións non se solapan coas das escolas infantís, nin coas das ludotecas, nin con calquera outro que se nos ocurra.

Preescolar Na Casa é único, é pioneiro e é necesario. Se é un referente en Europa como exemplo de intervención socioeducativa no medio familiar, se é copiado noutras comunidades e valorado polas persoas expertas na materia, Por que as políticas públicas no poder en Galicia non lle fan o merecido recoñecemento?”

(Comunicado do CEESG de apoio a Preescolar na Casa)

Carta dunha nai a Preescolar na Casa

Eu son nai dun neno, Xoel, que aínda non ten un ano, e que descubriu Preescolar na Casa o pasado mes de setembro, cando comezamos a ser partícipes deste programa, por iso quero presentárvolo.

Preescolar na casa é un servizo gratuíto, apoiado desde distintas administracións públicas e que está recoñecido a nivel autonómico, estatal e internacional.  Está dirixido as familias con nenos e nenas de 0 e 3 anos. Este primeiro contexto onde se desenvolven favorece que desenvolvan as súas capacidades e potencialidades nos primeiros anos de vida, xa que A INFANCIA, dende o meu punto de vista, como nai e recordos que poida lembrar, É UNHA ETAPA ÚNICA NA VIDA, tanto para o neno ou nena, coma para o seu entorno familiar.

O noso espazo sitúase en Rinlo nunha antiga escola, e integrámolo 5 nenos acompañados xunto con súa nai, pai, avoa, ou titores. Asistimos cada quince días a unha xuntanza de máis de dúas horas por sesión. Alí falamos do papel da familia, da escola, do que se pode facer no terreo da educación, pero eu creo que a educación é cousa, en gran medida, da familia e da sociedade en xeral. Abrimos debates como por exemplo, a educación en tempos de crise, os hábitos da saúde, como a boa alimentación, a actividade física, o consumismo, a violencia, a influencia dos medios de comunicación tanto na ensinanza como na familia, e toda aquela temática que está programada para cada sesión. Expoñemos as nosas dúbidas, temores, consellos, novos coñecementos e nos damos ánimo uns aos Read the rest of this entry »

Final de curso en Marcelle Natureza

Aproveitando o remate do curso, as nais, pais, nenos e nenas participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa da zona de Lugo Sur, visitarán o vindeiro día 23 o Parque “Marcelle Natureza”, no Concello de Outeiro de Rei, Lugo. Tamén o farán, a partir das cinco da tarde, familias da zona de Lugo Norte, dos concellos de Castro de Rei, Begonte, Outeiro de Rei, Muras, Cospeito e Rábade.

Nesta visita pretendemos coñecer o noso contorno natural próximo e animais que non temos no noso ámbito, ao tempo que pasamos un día de aprendizaxe e divertimento en compañía.

Marcelle Natureza

Marcelle Natureza

Concretamente, esta experiencia ten como finalidade:

- Coñecer outros seres vivos que existen no noso medio (animais, prantas…).

- Fomentar o respecto e valoración do contorno.

- Favorecer as relacións entre as diferentes familias participantes nos Espazos das Familias de Concellos limítrofes.

- Compartir un tempo de lecer entre pais e fillos e entre os propios nenos e nenas.

Esperamos que gocedes da experiencia.

Preescolar na Casa na Praia da Madalena de Vilalba

Os nenos, nenas, pais e nais que participan  nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa do Concello de Vilalba, organizan  o mércores 22 de Xuño,  un día de encontro para todos e todas na Praia Fluvial da Madalena, en Vilalba.

Haberá actividades pensadas para que compartan nenos, nenas e adultos, organizadas por rincóns. Os rincóns da auga, da pesca, das pompas, da música, da masa, dos contos, da area, da psicomotricidade, dos bebés,…, farán que este día de encontro, divertimento, goce e aprendizaxe sexa  algo especial.

Concerto para bebés en Monforte

A Fundación Preescolar na Casa quixo achegar a música clásica á infancia cun concerto en directo o mes pasado en Monforte. Con estes concertos tratamos de contribuír a que nais, pais e fillos poidades gozar da música e descubrir a importancia que ten no desenvolvemento global das persoas, así como para axudar a nenas e nenos a desenvolver distintas capacidades como a sensibilidade auditiva e a gozar cos sons e coa música. Iste evento foi posible grazas á colaboración do Conservatorio Municipal Mestre Ibañez e o patrocinio da Delegación de cultura do Concello de Monforte de Lemos. Agradecemos o seu esforzo a todas as persoas implicadas na organización do Concerto e a todos os que alí estivechedes, grazas.

Aquí tedes unhas fotos por si as queredes descargar:

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag