Posts Tagged ‘educación emocional’

“Educar nos sentimentos”: Preescolar na Casa no programa Escola de Pais e Nais

Educar os sentimentos (PnC)

Educar os sentimentos (PnC)

Que entendemos por educar nos sentimentos? Que podemos facer para acadar persoas competentes e emocionalmente desenvoltas? Ana Torres, pedagoga e membro do equipo de Preescolar na Casa, estará hoxe martes 24 de abril ás 19:30 no Salón de Actos do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo para falar de todo isto, nunha charla enmarcada dentro do programa “Escola de pais e nais”, organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, Fapacel (Federación Provincial de ANPAS) e a Asociación Sociopedagóxica Galega.
(Ver nova en prensa)

Convivencia escolar (Programa nº 693 na TVG)


Manuel Dios é o Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, e ven de ser nomeado membro do Observatorio Estatal de Convivencia Escolar, organismo que vela pola convivencia dentro dos centros educativos. Para que esta convivencia sexa posible, os centros teñen que artellar os mecanismos necesarios para isto, ademais de tentar que nenos e nenas sexan educados no diálogo e na resolución de Read the rest of this entry »

Educar na paz (Programa nº 692 na TVG)


Estamos cerca do 30 de xaneiro, día no que se celebra o Día da Paz e da Non Violencia. E temos hoxe connosco a un convidado que leva a súa vida dedicado a fomentar precisamente a paz e a non violencia, o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios. Falaremos con el de paz, de valores, de emocións, …, de como educar na casa e na escola aqueles valores que nos fagan ser unha sociedade máis libre, máis xusta, e, sobre todo, menos Read the rest of this entry »

Falamos de coeducación

Falando de coeducación no programa de Telelugo “De tarde en tarde”. Enriqueta Alonso e Juan Antonio Pinto charlan con Diana López.

Amigos da infancia (Programa nº 680 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). A Fundación Preescolar na Casa leva dende o ano 1977 loitando por acadar unha cultura da infancia e porque esta infancia sexa tida en conta na vida da sociedade. Por iso falamos hoxe tamén co Presidente de UNICEF Read the rest of this entry »

Conclusións das I Xornadas Educando na infancia e na adolescencia

As I Xornadas educando na infancia e na adolescencia: Unha mirada á primeira infancia, reuniron en Lugo, os días 12 e 26 de marzo a preto de 200 persoas, (a maior parte profesionais da educación, pero tamén nais e estudantes) que manifestaron, a través da súa alta satisfacción coas xornadas, a necesidade dunha resposta sistémica ás necesidades da infancia e da familia (Ver noticia publicada en La Voz de Galicia). A creación desta resposta precisa a implicación dos diferentes sectores da comunidade, para repensar as ofertas e modelos educativos que existen de acordo coas seguintes premisas Read the rest of this entry »

Novas necesidades e vellas respostas

Eduard Punset, un referente no que a divulgación científica se refire, invita á reflexión sobre o sistema educativo no programa Redes Nº 87. Cuestiónase o modelo educativo actual e abógase por unha reorganización na que a aprendizaxe social e emocional Read the rest of this entry »

Educación emocional (Programa nº 670 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Acadar persoas desenvoltas ten que ser o obxectivo da educación. E para isto, precisan un clima de afecto e de confianza que os acompañe no seu crecemento. Precisan persoas preto deles nas que confiar, que os acepten dunha forma incondicional, que sexan o seu apoio, que lles faciliten ampliar as súas relacións, que lles proporcione motivación e comprensión. A educación emocional será o tema de hoxe, para o que contaremos con Carmen Loureiro, mestra, psicóloga e Read the rest of this entry »

Filosofía para nenos (Programa nº669 na TVG)

Podes ver o programa aquí. A filosofía é o estudo dunha variedade de problemas fundamentais acerca de cuestións como a existencia, o coñecemento, a verdade, a moral, a mente, … O ser humano sempre quixo comprender a realidade da vida. Os nenos e as nenas, dende que nacen senten curiosidade por saber e coñecer os misterios da vida: porque morremos? por que queima o lume? por que non cae a lúa?… Isto lévanos a facernos unha pregunta: son as nenas e os nenos filósofos? Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag