Máis apoios e solidariedade con Preescolar na Casa

Transcribimos unha Carta al Director publicada no diario El Progreso de Lugo asinada por Francisco Candia, Profesor da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo (USC), referente a Preescolar na Casa:

“Non abondaron 35 anos de exitosa experiencia pedagóxica a prol da implicación activa de pais e nais na educación das crianzas, nin o eficaz servizo profesional que viña facendo en galego e
con especial incidencia no medio rural e con colectivos desfavorecidos, nin ter sido un referente para moitos outros programas de educación infantil familiar, nin os premios e
recoñecementos internacionais acadados, nin as 25 mil sinaturas e ducias de apoios colectivos e institucionais que reclamaron a súa continuidade… nada foi abondo para que a Xunta
de Galicia reconsiderase a súa decisión de deixar de financiar o programa, provocando así a súa desaparición.
É moito o que perden as máis de 3.000 familias atendidas anualmente polo programa, é moito o que perde o medio rural, e é moito o que perde a sociedade galega no seu conxunto, pero se cadra darémonos conta de todo isto demasiado tarde.
Desde aquí o meu apoio ás e aos profesionais deste programa modélico, que xa leva tempo
escrito con letras douradas na historia da educación deste país.”

Mostramos tamén algunhas das moitas mensaxes de apoio recibidas neste días. Nunca nos cansaremos de agradecer a tantas e tantas persoas o seu apoio e a súa solidariedade con Preescolar na Casa. Grazas.

“Preescolar na casa non só ensina aos nenos; tamén educa aos pais. Aprendemos a socializar, a xogar xuntos, a compartir, a educar… É moi importante que forme parte da vida das familias até que os nenos empecen o colexio, xa que no rural non temos parques nin garderías onde os nenos podan interactuar, as distancias son grandes e poden pasar varios días dende que dous cativos podan coincidir”.

“Anos de servizo público avalan a Preescolar Na Casa. Ánimo”

“Es increible que un programa como Preescolar na Casa, que funciona desde el año 1977, de una utilidad contrastada, sin una mancha en su gestión y con miles de usuarios a lo largo de los años quede sin financiación, y otros, …, en fin”.

“Preescolar na casa é unha iniciativa formidable q leva anos dando froito. Se queremos conservar o tecido social no rural, proxectos como este son imprescindibles”.

“Se debería distinguir entre proyectos de calidad que dan un servicio necesario, y otros proyectos que pudieran ser prescindibles en estos momentos. Preescolar na casa es sin duda uno de los primeros, pues una labor social y educativa imprescindible en zonas del rural gallego. Debiera negociarse una solución que permitiese su continuidad”.

“Como gallego que ha vivido su infancia en un mundo rural tan disgregado, me parece inconcebible la retirada de subvención a un proyecto educativo y social de esta importancia. Se equivocan Vds. de prioridades”.

“Preescolar na Casa é un dos mellores programas educativos a disposición dos pais e nenos, logros tan importantes ningún bo dirixente debe deixar perder”.

“La educación y el cuidado de los niños es uno de los pilares fundamentales del buen desarrollo de cualquier familia/comunidad/pais, y  la mayor riqueza que un país puede desarrollar es un pueblo culto, instruido y educado. La educación no es un lujo es un derecho, lo dice nuestra constitución. El dinero “gastado” en EDUCACION es una inversión de futuro”.

“Son unha nai de tres fillos do rural. Dous deles foron alumnos do programa “Preescolar na casa” cando empezaba a camiñar, pois o maior xa estaba escolarizado. Fun testigo directo do desenrolo deles, especialmente dos dous pequenos. Gracias a dito programa, foi moito mais fácil a seguinte etapa educativa. Seguín o programa ao longo da sua traxectoria, a cal foi moi positiva e frutífera, chegando a acadar premios non só en España, senón a nivel europeo. E de repente, ¡zas!, quítano do medio. ¡Incomprensible! Neste país, todo o que funciona ben a nivel cultural i educativo, hai que quitalo”.

“Porque é unha oportunidade para os pais de poder aprender cómo empezar a educar aos seus fillos dende o nacemento, compartindo experiencias, consultando dúbidas, ademais de comprobar como se desenvolve o neno/a cos demais”.

“Desde sus orígenes en Cáritas Lugo colaboré con Preescolar na Casa. Considero que continúa siendo un proyecto de grandes aportaciones pedagógicas. Me afecto dolorasemente que proyectos como este tengan que morir por falta de apoyos”.

“Preescolar na Casa es una formidable iniciativa, plenamente avalada por los resultados obtenidos durante 35 años y ampliamente reconocida internacionalmente, además de ser una importante ayuda al desarrollo rural tan necesario en estos tiempos”.

“Para nuestro hijo y para nosotros Preescolar na Casa fue un momento especial de aprender y compartir. Gracias a la docente que nos acompañó y ojalá mas familias puedan disfrutar de todo lo que sabía”.


Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag