Xornada lúdica en Palas de Rei

A semellanza doutros encontros realizados en toda a xeografía galega, onte tivo lugar en Palas de Rei un encontro multitudinario co obxectivo de fomentar as relacións interpersonais entre adultos, nenos e nenas, nunha xornada lúdica na que todos os participantes mostraron o seu apoio a Preescolar na Casa e mostraron a súa incredulidade ante o posible peche.

Familias de Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Melide, Arzúa ou Guntín, entre outros concellos da zona, que participan nos Espazos das Familias da Fundación Preescolar na Casa gozaron desta xornada na que colaborou o Concello, a asociación Buxaina e a de Xogos Populares de Melide. Todos destacaron o importante labor social e pedagóxica de Preescolar na Casa, a piques de pechar por falta de financiamento.

Xornada lúdica PnC en Palas de Rei

Xornada lúdica PnC en Palas de Rei

(Ver nova en La Voz de Galicia)

(Ver nova en El Progreso)

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag