“O tempo dos nenos”, Preescolar na Casa na Escola de Pais e Nais

Juan Antonio Pinto Antón, mestre e orientador da Fundación Preescolar na Casa, estará este sábado 2 de xuño no Salón de Actos do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo para falar de nenos e nenas, pero non como cascas baleiras que hai que encher de futuro, senón como persoas que teñen todos os dereitos recoñecidos e deberes. E un dos máis importantes é o dereito ao presente. Cómpre insistir na importancia educativa nos primeiros anos, xusto cando nenos e nenas estanse a construír como persoas. É responsabilidade dos adultos deixar aos máis pequenos construír os seus tempos: tempos para os afectos, tempos para a liberdade, tempos para a educación, tempos para a construcción da persoa, tempos para xogar, tempos para que amoblen o cerebro pero tamén o corazón.

Esta charla está enmarcada dentro do programa “Escola de pais e nais”, organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, Fapacel (Federación Provincial de ANPAS) e a Asociación Sociopedagóxica Galega.

(Ver programa da Xornada “Escola de nais e pais” do sábado 2 de xuño)

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag