Archive for the ‘Editoriais’ Category

Grazas polos apoios recibidos

Dende a Fundación Preescolar na Casa queremos transmitir o noso sentido agradecemento ás múltiples mostras de apoio recibidas ante a difícil situación que estamos a vivir.

Como ben sabedes, o programa Preescolar na Casa desenvólvese dende o ano 1977, iniciativa que traballa para que a sociedade responda axeitadamente ás necesidades da infancia, implementando espazos educativos centrados na orientación ás familias e desenvoltos en colaboración con organismos públicos e privados.

Dende ese lonxano 1977 pasamos por momentos bos e por momentos malos, a veces ata moi malos, con moitos atrancos e dificultades que a base de esforzo, traballo e fe no que facíamos fomos superando. Agora estamos nun deses momentos. Como di a Presidenta na memoria do curso pasado e que está colgada neste blog: “Estamos a vivir momentos de incerteza que nos poden levar a dubidar do que ata agora tivo valor. Nestes contextos de incerteza hai aspectos que non deberían modificarse pola incidencia que teñen para saír desta crise con éxito: a infancia, e educación e, como non, a familia que soporta o peso do cambio … Precisamente nestes tempos de crise temos que entender que a educación, os servizos educativos non son un gasto. Todo o contrario, son a mellor inversión que se pode facer de cara ao futuro”.

Pois iso, estamos convencidos que de novo sairemos. Porque estamos convencidos do que facemos. Porque estamos convencidos de que a educación é o mellor camiño para progresar. E a mellor educación provén da propia casa, da familia. E aí é onde estamos nós. Pero para elo precisamos de axudas e de apoios. A solidariedade de tantas e tantas persoas, de tantas e tantas familias, de tantas e tantas asociacións, reconfórtanos,  fainos máis fortes.

Sen ir máis lonxe, é de agradecer o esforzo de tódalas persoas que, convidados polos pais e nais de Lugo, se concentraron esixindo a continuidade do servizo que prestamos. Reproducimos o manifesto que leron nesta concentración e que nos remitiron, e aproveitamos para agradecervos o voso apoio neste camiño de loita para superar as dificultades. Grazas de verdade. De corazón.

MANIFESTO de APOIO de NAIS e PAIS a PREESCOLAR NA CASA

  • Somos pais, somos nais, somos familias con fillos pequenos que participan en PREESCOLAR NA CASA, un programa de educación con máis de 30 anos de historia tentando crear unha cultura da infancia.
  • PREESCOLAR NA CASA atende a máis de 4.000 familias. Está na maioría dos concellos galegos. Defende a importancia educativa dos primeiros anos. Salienta o papel imprescindible de pais e nais. E aposta polo valor da cultura e da lingua galega.
  • Os profesionais de PREESCOLAR NA CASA achéganse aos nosos pobos e casas. Con eles podemos comentar as dúbidas, os erros e acertos sobre a educación dos fillos.
  • Con eles aprendemos xogos e cancións, recursos da vida cotiá que nos permiten gozar da crianza dos fillos, ao tempo que nos educamos e contribuímos á súa formación.
  • Xuntos, familias, nenos e profesionais falamos sobre igualdade e coeducación, sobre normas e límites, hábitos e valores. Son os piares que sustentan as vidas dos fillos, da familia e da sociedade.
  • Tantos esforzos, tanta formación especializada, tantos cartos públicos investidos nestes trinta e catro anos poden quedar en nada se se retira o apoio a PREESCOLAR NA CASA.
  • Aos políticos que falan coa boca grande da importancia da familias… aos partidos que reclaman maior implicación dos pais… á Xunta de Galicia  que di defender tanto ás familias e que nos reclama tantísima responsabilidade… aos Concellos, ás diferentes Administracións dicímoslles: ¡¡¡Non se pode abandonar un programa educativo de tanto prestixio e proxección internacional!!!
  • A todos os que nos gobernan porque así o decidimos nós: non condenen a unha morte lenta a Preescolar na Casa.

Somos pais, somos nais, somos familias con fillas e fillos pequenos que participamos en PREESCOLAR NA CASA. Nin calamos nin nos conformamos. Estamos aquí e queremos seguir educando aos nosos fillos, aprendendo a ser nais e pais a carón deles nos Espazos Educativos de Preescolar  na Casa.

Informar, formar e entreter

O OCTA, Observatorio de Contidos Televisivos e Audiovisuais, vén de presentar o informe das vulneracións das televisións á Lei de Comunicación Audiovisual en materia de infancia. O informe é demoledor. (Pica aquí para ver noticias sobre o informe aparecidas en distintos medios de comunicación).

Un país democrático precisa dunha televisión que eduque. Precisa de todos e todas para desenvolverse. Pois Preescolar na Casa é un programa de televisión educativa. E quere seguir sendo televisión educativa polo menos outros 20 anos máis.

Nos diversos foros educativos e de televisión aos que temos asistido ao longo destes anos, recibimos un aplauso unánime e unha felicitación, extensiva á Televisión de Galicia, de que exista, dende hai 20 anos, un programa educativo semanal dedicado á infancia e Read the rest of this entry »

Mirar á infancia

O éxito da convocatoria das I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia, esgotadas as 200 matrículas días despois de iniciarse o prazo, evidencia unha realidade: precisamos mirar á infancia para saber cara onde camiñamos como sociedade. Os nenos son o futuro dos pobos, pero tamén o presente; mirar ben á infancia, interpretala de forma que respondamos axeitadamente as súas necesidades, axudará a que nenos e nenas medren Read the rest of this entry »

Apostando pola Igualdade

Apostando pola Igualdade (Preescolar na Casa)

Queremos facer visible nos Espazos Educativos coas familias e na sociedade  que a realidade que vemos e o mundo que vivimos ten dúas metades complementarias: a feminina e a masculina. Coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, queremos construír igualdade coas cousiñas pequenas que ofrece o día a día das familias, nas casas. Demasiadas veces a cara feminina da realidade é invisibilizada, Read the rest of this entry »

Educar é educarse

Educar é un verbo que non se conxuga en singular. Somos seres sociais. Uns dependemos doutros. Outros coidan de nós, e nós coidamos deles. Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag